Home Valdeorras Larouco Manuel Baltar: “Patricia Lamela reforzará a súa maioría en Larouco, apoiada nunha...

Manuel Baltar: “Patricia Lamela reforzará a súa maioría en Larouco, apoiada nunha xestión que a acredita como solvente líder municipal e potente fonte de proxectos”

- Anuncio -

Patricia Lamela aposta por “mellorar a protección e axuda á familia, ampliando a oferta de vivenda social ademais de reforzar a atención aos nosos maiores”

O presidente dos populares ourensáns e candidato á Deputación remarcou no mitin, celebrado esta tarde no Centro Cultural, “o excelente traballo de Patricia Lamela ao fronte do Concello de Larouco nestes últimos catro anos”

“O 28 de maio, Patricia Lamela reforzará a súa maioría e seguirá catro anos máis coma alcaldesa de Larouco, despois dunha xestión que a acredita como unha solvente líder municipal e unha potente fonte de proxectos”

Neste tempo, lembrou Manuel Baltar, Patricia Lamela ten asumido tamén responsabilidades orgánicas dentro do Partido Popular, “dada a súa condición de defensora e dinamizadora do medio rural, do que xa é sen dúbida un referente municipal”

“A aposta de Patricia Lamela é unha aposta gañadora, e Larouco ten á súa disposición á mellor alcaldesa posible para seguir facendo máis concello”

“A Deputación de Ourense precisa de proxectos municipais ben deseñados, para poder establecer liñas de colaboración e avanzar no seu desenvolvemento. Este é un camiño que ten ben recorrido o equipo de Patricia Lamela, con probada capacidade para tecer vías de cooperación co goberno provincial e a Xunta de Galicia”

O Plan de Mandato 2127, lembrou Manuel Baltar, inclúe medidas para seguir potenciando o medio rural, ademais da blindaxe dos servizos públicos e facilitar o emprendemento da mocidade

PATRICIA LAMELA: “REFORZAREMOS AS LIÑAS DE COOPERACIÓN COS EMPRENDEDORES, DECLARANDO AO CONCELLO DE LAROUCO COMO ‘CONCELLO EMPRENDEDOR”

A candidata popular afondou na súa intervención desta tarde nas liñas mestras do seu programa, recalcando a importancia da colaboración coa Deputación e coa Xunta de Galicia para “seguir construíndo Larouco”

“Melloraremos a protección e axuda á familia, ampliando a oferta de vivenda social ademais de reforzar a atención aos nosos maiores”, sinalou Patricia Lamela, que tamén avanzou que “traballaremos para mellorar os niveis de comodidade de todos os nosos veciños”

Patricia Lamela apostou por reforzar as liñas de cooperación cos emprendedores: “Declararemos ao Concello de Larouco como un ‘Concello Emprendedor”

Sobre o traballo cotiá do Concello, a candidata popular explicou que “queremos seguir mellorando a atención aos veciños, para que todos poidan atopar no Concello a solución ás súas necesidades”, ademais de “reforzar a participación cidadá nos asuntos municipais, en especial na transparencia das contas”

“Seguiremos traballando na mellora das instalacións deportivas e na posta en valor da riqueza patrimonial e cultural de Larouco”

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas