Home Ourense O Carballiño Manuel Baltar: “José Luis Valladares é fundamental no presente de Cea e...

Manuel Baltar: “José Luis Valladares é fundamental no presente de Cea e o seguirá sendo na construción do futuro deste concello”

- Anuncio -

José Luis Valladares apostou por seguir dinamizando Cea: “Potenciaremos o noso parque empresarial e realizaremos cursos de formación, ademais de promover a instalación de emprendedores no viveiro de emprego municipal”

O presidente dos populares ourensáns e candidato á Deputación de Ourense destacou no mitin, celebrado esta tarde no edificio multiusos municipal, os froitos do traballo desenvolvido por José Luis Valladares ao fronte do Concello de San Cristovo de Cea

“Valladares é un verdadeiro clásico da política provincial pero se presenta como se fose a primeira vez. Isto é o que o diferencia e o que máis admiración suscita. Porque as súas gañas e as súas forzas permanecen intactas e isto o transmite ao seu formidable equipo”

“San Cristovo de Cea é un verdadeiro exemplo dentro da provincia de Ourense, apoiada en políticas municipais rigorosas, ben deseñadas e cunha potente e probada capacidade para artellar lazos de colaboración coa Deputación e a Xunta de Galicia”

“José Luis Valladares é fundamental no presente de San Cristovo de Cea, é o seu mellor aval. E o seguirá sendo na construción do futuro deste concello”

O Plan de Mandato 2127, destacou Manuel Baltar, suma medidas para dinamizar o medio rural, potenciar o Camiño do Santiago ou facilitar o emprendemento da mocidade

JOSÉ LUIS VALLADARES APOSTOU POR SEGUIR POTENCIANDO COMO ELEMENTOS DINAMIZADORES DO CONCELLO O PAN DE CEA, O MOSTEIRO DE OSEIRA, O MUSEO LISTE E A VÍA DA PLATA

O candidato popular destacou no mitin desta tarde a aposta pola economía e o emprego: “Dinamizaremos o noso parque empresarial e realizaremos cursos de formación e obradoiros de emprego, ademais de promover a instalación de emprendedores no viveiro de emprego municipal”

“Queremos un Cea aínda máis social: atenderemos ao 100% dos dependentes do noso concello e aumentaremos o número de horas no Servizo de Axuda no Fogar. Ademais, seguiremos bonificando a natalidade con axudas aos nacidos e empadroados no concello”, resaltou o cabeza de lista popular

José Luis Valladares incidiu na importancia da cooperación para seguir mellorando as infraestruturas e os servizos básicos: “Continuaremos co noso plan de mellora das vías de titularidade municipal”

O candidato definiu como básico a aposta polo patrimonio e a cultura, coa creación dun Punto de Información Turístico permanente e potenciar os elementos dinamizadores o Pan de Cea, o Mosteiro de Oseira, o Museo Liste e a Vía da Plata

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas