Home Lugo A Mariña Occidental Con Míriam Bermúdez volverá haber Policia Local na quenda de noite en...

Con Míriam Bermúdez volverá haber Policia Local na quenda de noite en Viveiro

- Anuncio -

Xa hai teMpo que o sindicato reivindicaba o mero cumprimento da normativa en canto a que, en cada quenda, ten que haber dous axentes da Policía Local. O concello de Viveiro conta actualmente con 11 persoas traballando no Servizo de Policía Local das 15 que hai proxectadas para cubrir na RPT. De novo, pódese contratar persoal sen problemas no Concello de Viveiro.

A alcaldía do PSOE e María Loureiro, decidiron organizar as quendas con tal de non contratar máis persoal, deixando Viveiro sen servizos de Policía Local durante a noite, polo que Viveiro non conta con vixiancia nocturna nin tan sequera agora, ao comezo da tempada estival, por non querer xestionar ben as contratacións desde a acaldía. Un servizo público menos.

O servizo da quenda de noite está só cuberto en Viveiro por axentes da Policía Nacional, o que resulta a todas luces insuficiente xa que é habitual a colaboración entre estes dous corpos de seguridade para completar o servizo durante as noites. Un servizo público que veu funcionando durante os últimos anos grazas á implicación e profesionalidade dos axentes da Policía Local no cumprimento do seu deber.

Con Míriam Bermúdez na alcaldía non cabe dúbida que se retomará este servizo na súa totalidade pois é imprescindible salvagardar a seguridade cidadá. É preciso iniciar a contratación temporal dos axentes necesarios para contar con quenda de noite e garantir a seguridade da veciñanza as 24h.

Relacionadas

Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

0
• O coñecido dúo galego, formado polas viguesas María Pérez e Sara Faro, estará o 2 de xuño no Campo da Feira. • Nos próximos...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

Publicacións Relacionadas