Home Pontevedra A creación dun paseo polo litoral de Cesantes, a humanización do Casco...

A creación dun paseo polo litoral de Cesantes, a humanización do Casco Vello ou A ampliación e reforma do EEI A Marisma, entre os proxectos para Redondela da equipa de Digna Rivas

- Anuncio -

Este domingo 21 de maio ás 12:00h Digna Rivas estivo acompañada de Carmela Silva para presentar todos os proxectos da súa candidatura á alcaldía  para Redondela.

O domingo 21 de maio ás 12:00h na Praza de Ponteareas Digna Rivas, candidata á alcaldía polo PSdeG-PSOE de Redondela, estivo acompañada de Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra, para presentar todos os proxectos da súa nova candidatura á cidadanía.

A candidata explica que “os proxectos que presentamos hoxe na Praza de Ponteareas TODOS xa están en marcha e teñen un expediente aberto no Concello de Redondela para comezar canto antes a desenvolvelos. O que presento non son ideas ou promesas son realidades nas que xa estamos traballando moi afondo e que transformarán completamente Redondela e, por suposto as parroquias que sempre foron as grandes esquecidas en mandatos anteriores”.

Entre os proxectos salientou están a Creación dun auditorio ao aire libre no coñecido como “Campo da Petanca” cun presuposto de 280.000€, para que o público infantil e adulto poida disfrutar do espazo con eventos tan grandes como o Festival Internacional de Títeres ou calquera outra proposta cultural da veciñanza; tamén destacou a creación, dentro das propostas de Urbanismo e Media Ambiente, dun paseo no literal de Cesantes ata o peirao da Lonxa que permita aos usuarios e usuarias das praias de Cesantes acceder a elas a pé ou en bicicleta dende o peirao; A Ampliación do Paseo Maceiras ata o Camiño do sepal, que conta xa coa valoración da memoria e que pronto será unha realidade; a reforma integral da Praza de Abastos de Redondela, porque o goberno socialista entende “que o mercado é o eixo central do comercio de proximidade e que merece unha transformación” polo que destinarán 1.600.000€ na súa realización; A ampliación e reforma do EEI A Marisma incluíndo un comedor que conta con 550.000€ de presuposto, un espacio que leva tantos anos esquecido pola Xunta de Galicia e que responde ás solicitudes dos pais e nais, a ANPA e a propia organización do centro educativo; A humanización da Rúa Salgueiral, Rúa das Cardosas e a súa continuación pola Rúa Ernestina Otero que xa ten proxecto redactado e presentado a Deputación de Pontevedra cun orzamento de 990.000€. A candidata á alcaldía quixo tamén expoñer o gran proxecto de humanización do Casco Vello a través de actuacións na Rúa das Regateiras, Rúa da Prata e Rúa do Loureiro. “Porque Redondela, merécese, como cuarto concello da provincia, un casco histórico en condicións e

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas