Home Pontevedra Digna Rivas visita con David Regades o edificio que Zona Franca transformará...

Digna Rivas visita con David Regades o edificio que Zona Franca transformará en centro de negocios

- Anuncio -

O Consorcio aprobou hoxe en comité executivo a compra do inmoble, catalogado como Ben de Interese Cultural e ubicado a 80 metros do Concello, na Subida á Estación

Zona Franca e Concello levaban máis dun ano traballando para buscar a mellor ubicación

A alcaldesa de Redondela e candidata á reelección do PSOE, Digna Rivas, visitou hoxe co delegado da Zona Franca, David Regades, o inmoble de Redondela que adquire o Consorcio para crear un centro de negocios. Precisamente hoxe o comité executivo de Zona Franca aprobou a adquisición do edificio, catalogado como Ben de Interese Cultural e ubicado a 80 metros do Concello, na Subida á Estación número 1, por un importe de 266.000 euros.

David Regades explicou que “Zona Franca dispón de viveiros de empresas en O Porriño, Nigrán e Baiona e vimos unha oportunidade de ter un centro de negocios na área de Vigo, para o que encargamos unha análise, que deu como resultado que Redondela era a ubicación adecuada, como o maior concello da área metropolitana e cun relevante tecido empresarial”.

Pola súa banda, Digna Rivas mostrouse “moi satisfeita pola chegada deste primer hito no proxecto que temos en Redonda coa Zona Franca, no que levamos máis dun ano traballando, despois da firma do protocolo para establecer as bases de colaboración para implantar un centro de negocios, que impulsará o emprendemento e fortalecerá o tecido empresarial redondelán”.
O delegado da Zona Franca precisou que “será un proxecto que construiremos en conxunto cos empresarios do concello e colectivos sociais, para o que abriremos unha mesa de traballo para redactar o proxecto cos arquitectos e con toda a experiencia de éxito de Zona Franca”.
Engadíu que será un espazo no que os emprendedores, así como aqueles cuxos proxectos xa están asentados e maduros, poidan cubrir as súas necesidades, con equipamento e prestacións adecuadas para que poidan resultar competitivos en pleno século XXI. En definitiva, suporá o nacemento dun polo de atracción que faga da área de influencia un referente en Galicia e o Norte de Portugal.
O inmoble está catalogado como Ben de Interese Cultural e inicialmente foi unha casa labrega construida a mediados do século XVIII, que vivíu transformacións no XIX e no XX, que transformaron a casa rural noutra máis urbana ao construír un segundo andar e o balcón do primeiro andar. Na actualidade ten tres andares (baixo e dúas plantas) e a superficie é de 606 metros cadrados.
Precisamente, debido á súa catalogación, a rehabilitación do inmoble, moi deteriorado, estará condicionada polo estudo histórico que se deberá realizar dacordo con Patrimonio Cultural. A Zona Franca estima un presuposto de obra que ronda os 800.000 euros.
A Zona Franca e o Concello de Redondela suscribiron en marzo de 2022 un protocolo de actuación no que se puña de manifesto que Redondela reunía os requisitos adecuados para albergar un centro para o desenvolvemento de empresas e proxectos.
Para coñecer a oferta de inmobles en Redondela e poder destinalos a un centro de negocios, tramitouse a oferta pública de adquisición que deu como resultado a identificación e agora compra desta casa. Trala aprobación polo comité executivo da adquisición do inmoble, elevarase a proposta ao pleno do Consorcio de la Zona Franca de Vigo.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas