Home Pontevedra Baixo Miño O 6x6 inundará Oia de teatro, danza, música e canto cunha xornada...

O 6×6 inundará Oia de teatro, danza, música e canto cunha xornada festiva o 4 de xuño

- Anuncio -

A iniciativa 6×6 Punto de Encontro inundará este ano o barrio histórico do Arrabal de arte e cultura. Teatro, danza, música e canto serán os protagonistas dunha xornada festiva que, organizada polo Concello de Oia e baixo a dirección artística de Alfredo Rodríguez (A Artística), se celebrará o domingo 4 de xuño e que incluirá propostas para todos os públicos.

Neste 2023, no que o proxecto celebrará a súa quinta edición, a proposta desenvolverase baixo o título “Oia. Onde se pon o sol e nacen as sereas”. Partindo deste fío condutor, elaborado a partir de textos de Ana Romaní, Lupe Gómez, María do Cebreiro, Paula Carballeira, Celso Emilio Ferreiro e Álvaro Cunqueiro, artéllase unha xornada cultural que terá como prato forte a tradicional representación do obradoiro de teatro así como diversas actividades complementarias.

A xornada de festa desenvolverase no Arrabal segundo o seguinte programa:

-A partir das 12.00 horas abrirán os postos de artesanía, onde permanecerán á venda diversos produtos de creadores e creadoras locais como Medialúa Coiro, areladefe Xoiería, Carlos San Claudio Cerámica, Carliños Cestería, Luis Álvarez Cantería.

-Ás 17.30 horas, a Praza Centinela acollerá o espectáculo infantil “As palabras perdidas”, de Inventi Teatro. O tráfico estará cortado nas rúas de acceso á praza mentres dure a actividade.

-Ás 20.00 horas dará comezo o espectáculo do grupo de teatro veciñal. O punto de encontro será a mesma Praza Centinela e, desde alí, público e artistas percorrerán a pé o camiño ata o Mosteiro para asistir á representación no interior do recinto conventual.

-Ao remate, a actividade trasladarase de novo ás rúas do Arrabal, coa música dos grupos locais Tra-lo Mosteiro de Oia e A Fiada de Viladesuso.

Esta xornada festiva está organizada polo Concello de Oia xunto co grupo Tra-lo Mosteiro e conta coa colaboración de Pontegal (Deputación de Pontevedra) e máis do Mosteiro de Oia.

Artistas convidadas

Despois das edicións de 2018, 2019, 2021 e 2022, o obradoiro veciñal de teatro de Oia volve un ano máis cun espectáculo arredor das artes performativas (teatro, danza e movemento, música, canto, etc.). Xunto co alumnado do taller, participarán como artistas convidadas Olga Cameselle (danza), Mónica de Nut (canto) e Rubén Pastoriza (música).

As diferentes pezas dramáticas que formarán o espectáculo no interior do Mosteiro foron elaboradas durante o obradoiro de teatro veciñal dirixido por A Artística e contaron tamén coa colaboración e achegas dos artistas colaboradores. Á función sumaranse os nenos e nenas que participaron na Aula Infantil de Teatro do Concello de Oia, que arrancou este curso a súa andaina tamén da man de Alfredo Rodríguez.

Relacionadas

O Castro British International School acollerá a World Robot Olympiad – Vigo 2024

0
O evento, organizado por Logonautas, congregará a máis dun centenar de mozos de entre 6 e 15 anos apaixonados da robótica do sur de...

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

O alumnado do obradoiro de emprego avanza na dixitalización do arquivo municipal

0
Porremprego Cualifica II forma a 10 persoas desempregadas na implantación de tecnoloxías da información e comunicación e en economía dixital na administración Os/as dez alumnos/as...

Nova visita guiada ao Serradoiro dos Carranos, en Covelo

0
Será mañá sábado 4 de maio organizada en quendas de hora e media O Serradoiro dos Carranos abre as súas portas para acoller unha nova...

Covelo destina 386.187,35€ a mellorar espazos e servizos públicos

0
O concello pavimentará camiños municipais, mellorará edificios e cemiterios municipais, lavadoiros, parques infantís, prazas de aparcamento e depósitos de augas, entre outras intervencións O Concello...

Publicacións Relacionadas