HomeOurenseO Concello executa novas beirarrúas na rúa do Tinteiro, conectadas por un...

O Concello executa novas beirarrúas na rúa do Tinteiro, conectadas por un paso de peóns baixo a ponte do Milenio

- Anuncio -spot_img
  • Os dous tramos suman 185 novos metros para a mobilidade peonil
  • O importe total dos traballos foi de 47.926,37 euros, IVE incluído.

O Concello de Ourense rematou os traballos de construción de beirarrúas na rúa do Tinteiro, unhas actuación para a mellora da mobilidade peonil na cidade e que dotou dun paso de peóns elevado baixo a ponte do Milenio.

Executáronse dúas beirarrúas de lousa hidráulica: a primeira delas conecta o cruce da rúa do Tinteiro coa rúa da Feira Nova e as escaleiras de baixada ao paseo do Miño, baixo a ponte Novísima; a segunda beirarrúa, na outra marxe da vía, conecta coa zona de escaleiras baixo a ponte do Milenio. Entre os dous tramos suman 185 metros de beirarrúas de nova creación.

Ambas as dúas beirarrúas están conectadas, baixo a ponte do Milenio,cun paso de peóns elevado de sección trapezoidal.

Ademais, aproveitouse para rehabilitar o firme da rúa do Tinteiro naquelas zonas onde presentaba máis desgaste, fresando e pavimentando a zona. As obras completáronse coa sinalización oportuna.

O importe total dos traballos foi de 47.926,37 euros, IVE incluído.

Publicacións Relacionadas