Home Deputacións Deputación Pontevedra Unha delegación de Brasil e Uruguai visitará Pontevedra para coñecer a experiencia...

Unha delegación de Brasil e Uruguai visitará Pontevedra para coñecer a experiencia do Revitaliza Tratando os biorresiduos en proximidade

- Anuncio -

O vicepresidente César Mosquera subliñou que a reforma “era unha necesidade” e preguntouse porqué o PP, co seu voto negativo, “sempre está en contra de Pontevedra”

A presidenta Carmela Silva destacou que no goberno provincial “nunca houbo tantos recursos e ambición por ampliar e mellorar o Museo”

Unha delegación de Brasil e Uruguai coñecerá a experiencia da Deputación de Pontevedra co proxecto Revitaliza para o tratamento en proximidade da materia orgánica, compostaxe doméstico e comunitario. A comitiva, que chega da man do Eixo Atlántico e estará composta por sete representantes, manterá unha reunión técnica e visitará diferentes composteiros comunitarios da provincia da man do persoal técnico da Deputación o vindeiro 13 de xuño.

O grupo incluirá varios representantes do municipio de Santana do Livramento, unha unha cidade situada ao suroeste do estado de Río Grande do Sur (Brasil) totalmente conurbada coa cidade de Rivera (Uruguai), cunha poboación de arredor de 83.000 habitantes, moi semellante á do Concello de Pontevedra: a prefeita (alcaldesa) Ana Luiza Tarouco; a xefa de gabinete, Sandra Pontes; a coordenadora Operacional e coordinadora de proxectos, Carina Benítez; o técnico municipal Ambiental, Eloi Luft; e o presidente da Associação de Catadores Novo Horizonte, Carmen Martins. Por parte do Eixo Atlántico asistirán Manuel Rodriguez, experto do Eixo Atlántico en materia de residuos, e Xoán Vázquez Mao, Secretario Xeral do Eixo Atlántico.

Livramento produce, en media, unhas 50 toneladas de lixo por día e leva anos traballando da man da Asociación de Recicladores de Novos Horizontes cun plan de traballo para implementar e reforzar o seu proceso de recollida selectiva solidaria co fin de reducir os custes de tratamento. Agora queren implementar tamén a compostaxe da fracción orgánica.

Dende o Brasil non é a primeira vez que se interesan no Revitaliza. Xa a Universidade de São Paulo puxo os seus ollos no plan provincial co fin de implantar o modelo de compostaxe pontevedrés no campus universitario Luiz de Queiroz en Brasil. En Pontevedra estiveran os catedráticos Simone Portugal e Marco Sorrentino, tamén ex xefe de Medio Ambiente do goberno de Lula, que mantiveran un encontro institucional e varias xornadas de formación técnica e visitas.

O Eixo Atlántico, pola súa parte, tamén toma o Revitaliza como referencia dende hai anos de forma continuada. Entre outras actuacións, o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, participou como relator no ‘IV Seminario de intercambio de experiencias no ámbito da sustentabilidade’ celebrado en A Coruña baixo a organización organizado do Eixo Atlántico. Alí explicou como a través do Plan Revitaliza se xestiona e valoriza a materia orgánica en proximidade nos concellos da provincia.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas