HomeO MorrazoMarínO Concello duplica a oferta de prazas para os campamentos de conciliación...

O Concello duplica a oferta de prazas para os campamentos de conciliación de verán, cun total de 445

- Anuncio -spot_img

Permitiuse ás familias que así o solicitaron duplicar quincena. A listaxe de admitidos en cada un dos tramos do verán xa está dispoñible na web municipal.

O Concello de Marín aumentará nun 50% as prazas ofertadas para os campamentos de verán de conciliación. A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, informou esta mañá de que xa están dispoñibles a través da web municipal as listaxes das persoas admitidas en cada unha das quincenas que se ofertaron.

A subida de prazas vén explicada porque “tiñamos moitas solicitudes de familias que querían repetir quincenas, polo que finalmente decidimos permitir esta opción e pasamos das 300 prazas inicialmente ofertadas ás 445 actuais”.

A concelleira lembrou que a partir de agora entrarase en fase de pago da cuota que deben abonar as familias. Aqueles que xa marcasen a opción da conta bancaria recibirán o cargo a partir da primera semana de xuño. Ese será tamén o prazo daquelas persoas que prefiran abonar o campamento no Concello.

Ademais, Sanmartín informou de que a reunión para explicar ás familias cal será o funcionamento e as normas básicas dos campamentos celebrarase o mércores 28 de xuño ás 20.0 horas no Museo Municipal Manuel Torres.

Publicacións Relacionadas