Na súa intervención, Manuel Seoane apostou por seguir reforzando as medidas de fixación de poboación no concello, “fomentando a construción de máis vivenda social”
O presidente dos populares ourensáns e candidato á Deputación destacou no mitin desta tarde, celebrado no Auditorio municipal da Peroxa, “os froitos do traballo desenvolvido por Manuel Seoane durante todo este tempo para construír, día a día, este concello”
“Manuel Seoane é un dos grandes referentes da política municipal ourensá e un aval de futuro: este domingo reforzará a súa maioría absoluta nun novo éxito que non acontece por casualidade, senón case que por aclamación popular”, explicou Manuel Baltar
“Os veciños e veciñas ven a este alcalde como un líder potente, con probada capacidade para seguir deseñando o futuro da Peroxa. Porque Manuel Seoane é un dos grandes dinamizadores do medio rural: todos os grandes proxectos da Peroxa foron realizados baixo o seu mandato e ten proxectos moi ambiciosos para o mandato 2023-2027”
“Este domingo, 28 de maio, Manuel Seoane acadará unha gran vitoria e seguirá sendo un espello para moitos alcaldes que empezan e ven nel unha fonte inesgotable de proxectos, ilusión e compromiso co seu pobo”
“A Peroxa é un exemplo dentro da provincia, grazas a unha xestión municipal rigorosa e con capacidade para artellar lazos de colaboración coa Deputación e a Xunta de Galicia e sacar adiante novos proxectos transformadores do territorio”, remarcou o presidente provincial do PPdeOU
O Plan de Mandato 2127, lembrou Manuel Baltar na súa intervención, inclúe medidas para seguir potenciando o medio rural, ademais da blindaxe dos servizos públicos, facilitar o emprendemento da mocidade ou reforzar a aposta polo enoturismo
MANUEL SEOANE: “APOIAREMOS Á GANDERÍA E A VITICULTURA, COA IMPLANTACIÓN DE NOVOS POLÍGONOS AGRARIOS”
O candidato popular repasou na súa intervención desta tarde as liñas mestras do seu programa electoral, recalcando a importancia da colaboración coa Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia para “seguir construíndo o futuro da Peroxa”
“Seguiremos favorecendo a conciliación das familias no período extraescolar tanto no colexio como na época estival, ademais de ampliar a gardería municipal”, explicou Manuel Seoane, que tamén avanzou que “continuaremos coas medidas de fixación de poboación, fomentando a construción de máis vivendas sociais”
Manuel Seoane apostou por reforzar os servizos sociais da Peroxa, “prestando unha atención preferente os nosos maiores e dependentes, mediante o Servizo de Axuda no Fogar”
“Apoiaremos á gandería e a viticultura, coa implantación de polígonos agrarios. Tamén contaremos cun tractor desbrozador para o mantemento das estradas municipais e pistas forestais”, explicou o candidato popular á Alcaldía da Peroxa
“Faremos realidade novos proxectos, como a posta en marcha do Museo do Lebre, ademais de fomentar as actividades de ocio e culturais, ofertando de xeito gratuíto a piscina e programando actividades de interese no auditorio”
Entre outras medidas, Manuel Seoane tamén avanzou a posta en marcha dunha comunidade enerxética que abarate os custos das facturas eléctricas da veciñanza e a mellora das estradas municipais, ademais de novas obras de saneamento nos pobos