Home Verín Monterrei Manuel Baltar: “Votar futuro en Monterrei é votar a José Luis Suárez...

Manuel Baltar: “Votar futuro en Monterrei é votar a José Luis Suárez e ao Partido Popular”

- Anuncio -

José Luis Suárez incidiu na súa intervención na aposta por situar ao Castelo de Monterrei como “un elemento dinamizador turístico chave para o noso concello”, ademais de continuar a “recuperación integral do Balneario de Requeixo”

O presidente dos populares ourensáns e candidato á reelección ao fronte da Deputación de Ourense destacou no mitin, celebrado esta noite na Casa da Cultura de Albarellos, “os froitos do traballo de José Luis Suárez e o Partido Popular en prol do desenvolvemento de Monterrei”

“Este domingo, José Luis Suárez obterá de novo unha confianza maioritaria dos seus veciños. Porque el e todo o seu equipo de goberno teñen sido fundamentais no posicionamento de Monterrei coma un dos concellos máis visibles da comarca e de toda a provincia de Ourense”

Manuel Baltar definiu a José Luis Suárez como un “alcalde exemplar polo seu coñecemento do territorio e capacidade de xestión”, lembrando tamén a súa presidencia da Mancomunidade de concellos de Monterrei como “outro exemplo máis do seu liderado”

“O PPdeOU ten proxecto para seguir facendo Monterrei e sabe como poñelo en marcha. Aquí non hai experimentos, presentamos traballo e compromiso. E por iso a veciñanza so ten unha opción de futuro para este concello: votar a José Luis Suárez e ao Partido Popular”

O Plan de Mandato 2127, destacou Manuel Baltar, inclúe a creación da entidade xestora do Castelo de Monterrei, “un dos grandes eixos de desenvolvemento de Monterrei e de toda a provincia de Ourense”, ademais de medidas encamiñadas a potenciar o sector primario e o enoturismo, blindar os servizos públicos ou seguir facilitando o emprendemento da mocidade

JOSÉ LUIS SUÁREZ: “CONTINUAREMOS REFORZANDO A ATENCIÓN AOS NOSOS MAIORES A TRAVÉS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR, E ACTIVAREMOS O SERVIZO DE LAVANDARÍA E PRANCHADO NA CASA”

O candidato popular destacou na súa intervención desta tarde as liñas mestras do seu programa, afondando na importancia de reforzas as liñas de cooperación abertas coa Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia para “seguir construíndo Monterrei”, con fitos estratéxicos como o Castelo de Monterrei ou o Balneario de Requeixo

“Continuaremos reforzando a atención aos nosos maiores a través do Servizo de Axuda no Fogar municipal, e activaremos o servizo de lavandaría e planchado na casa”, explicou José Luis Suárez

“Seguiremos impulsando as políticas de fomento de emprego e reforzaremos a nosa aposta polo sector vitivinícola”, incidiu José Luis Suárez, que tamén destacou a importancia de aprobar un novo PXOM para o futuro do concello

“Complementaremos os puntos illados onde non hai saneamento e depuración, e implantaremos sistemas de telexestión nas luminarias públicas”, explicou o candidato, que tamén sinalou que “seguiremos mellorando as nosas estradas e camiños e continuaremos renovando os servizos básicos nos nosos pobos”

“Apostamos polo Castelo de Monterrei como un elemento dinamizador turístico chave para o noso concello, ademais de continuar a recuperación integral do Balneario de Requeixo”

“Seguiremos impulsando proxectos culturais que respectan as nosas tradicións e costumes: apoio á Xuntanza internacional de gaiteiros e á Festa da Vendima”

“Construiremos novos locais sociais nos núcleos de Monterrei onde aínda non foi posible e reformaremos os que o necesiten, ademais de potenciar a aula tecnolóxica itinerante”

Relacionadas

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo do 25N...

0
● A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción, os populares ourensáns “queremos poñernos do lado das mulleres vítimas de violencia,...

A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional...

0
O postos de venda ambulante instalaranse no entorno da Praza de Abastos - rúas Tras Alameda, e baixada da Praza a carón do Rianxo...

A Deputación aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

0
Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Pac mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da...

A Xunta pon de relevo nos XIII Premios de AJE Ourense a estratexia de...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a directora-xerente de...

A Xunta impulsa medidas pioneras para a retencion e a atracción de talento para...

0
— José González destaca a fortaleza, a perseveranza e o compromiso desta entidade ao longo do seu case medio século de traxectoria, poñéndoa en...

Publicacións Relacionadas