Home Deputacións Deputación Pontevedra O espolio Nazi dos cadros de Dieric Bouts e a devolución do...

O espolio Nazi dos cadros de Dieric Bouts e a devolución do Museo de Pontevedra a Polonia, nunha película

- Anuncio -

Unha produtora polaca ten solicitado colaboración ao Museo para poñer a andar unha peza documental

A historia do espolio nazi dos cadros da Dolorosa e o Ecce Homo da escola de Dieric Bouts e a devolución do Museo de Pontevedra a Polonia segue a ser exemplo internacional de xustiza histórica e vai ser parte dunha película. Unha produtora de cine polaca acaba de poñerse en contacto coa Deputación e o Museo de Pontevedra para solicitar colaboración na recompilación de información, documentación e imaxes para poñer a andar a peza documental incluíndo a restitución pontevedresa.

A empresa MEWA FILM – produtora de cinema localizada en Polonia dirixida por Mariusz Pilis e especializada en temas de antisemitismo con varios premios no seu haber -, púxose en contacto hai uns días explicando que está a gravar unha película sobre as obras de arte espoliadas a Polonia por nazis durante a Segunda Guerra Mundial e a súa recuperación.

A historia das pinturas de Dierk Bouts, segundo subliñaron no seu contacto, “é moi interesante”, ao tempo que cualificaron a actuación da Deputación de Pontevedra e do Museo de Pontevedra neste asunto como “exemplar e respectable”. “Impresionounos moito a declaración do Sr. César Mosquera, vicepresidente da Deputación ao dicir que “É unha honra poder devolver obras que datan destes tempos escuros””, subliñan dende a produtora.

Por este motivo, dende Mewa Film subliñan o seu interese en “incluír a historia na nosa película”, para o que teñen solicitado toda a información posible, a documentación existente, así como a dispoñibilidade de imaxes tanto da cerimonia de transferencia das pinturas celebrada en Polonia, como da súa embalaxe en caixas e preparación para o transporte en Pontevedra, material que será entregado por parte da Deputación cos permisos de uso correspondentes.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas