Home Pontevedra A Paradanta Covelo licita a mellora da pista polideportiva e creación dunha área de...

Covelo licita a mellora da pista polideportiva e creación dunha área de lecer en Paraños

- Anuncio -

O Concello informa que rematan as obras de renovación da pista polideportiva de San Salvador de Prado e desbroza a contorna da recentemente inaugurada pista deportiva de Pazos

O Concello de Covelo saca a licitación a execución da mellora da pista polideportiva e a creación dunha área de lecer na contorna da Casa Cultural da parroquia de Paraños. Ante o deterioro da pista actual o Concello investirá 50.985,3€ na súa renovación e creará, tamén, un espazo público amable no que promover o encontro.

O proxecto contempla a mellora da superficie da pista cun revestimento especial para usos deportivos e o pintado da mesma. Ademais colocaranse equipamentos deportivos e tamén se renovará o peche exterior existente. Dentro dos traballos a realizar tamén está a poda das árbores e o encintado da actual bancada de pedra.

Para o desfrute da veciñanza crearase unha área de lecer. O Concello procederá a acondicionar unha zona da contorna da casa cultural na que haberá mesas, bancos e mobiliario exterior de madeira.

O Concello informa tamén que acaban de rematar as obras de mellora da pista deportiva de San Salvador de Prado e da súa contorna. Cun investimento de 40.464,64€ o Concello mellorou a pista existente, o parque infantil e a contorna deste espazo público de encontro veciñal.

Ademais, o Concello procederá ao desbroce do perímetro da pista deportiva e parque infantil de Pazos, logo de rematar as obras de renovación que tiveron un custo de 44.969,76€ e que xa está dispoñible para o uso de todas as persoas.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas