Home Lugo Míriam Bermúdez incrementará Lodeiro con máis aparcamentos, carril bici e unha nova...

Míriam Bermúdez incrementará Lodeiro con máis aparcamentos, carril bici e unha nova zona verde

- Anuncio -

A retirada do enreixado de Lodeiro, o que vai desde o Casino cara Celeiro, será prioridade dun Goberno do BNG. Un enreixado que non permite desfrutar da zona portuaria envidiábel coa que contamos, e tamén innecesario ao contar xa os pantaláns cos seus propios peches. 

“Hai que aproveitar esta zona ampla, plana e que sirve de conexión entre núcleos de poboación e tamén lugares de traballo. Un peche de zonas públicas innecesario hoxe en día”, incideu Míriam Bermúdez, alcaldable do BNG.

Este estudado proxecto do BNG de Viveiro contempla as seguintes actuacións:

Creación de aparcamentos

A retirada do enreixado de Lodeiro permitirá habilitar aparcamentos na zona do porto, abrindo accesos conectados con escaleiras e rampas para vehículos e peóns, nas zonas que están máis perto dos edificios, ambulatorio e comercio.

Carrilbici

O ancho deste espazo permitiría a creación dun carril bici que conectará Viveiro e Celeiro nunha vía cómoda e segura para as bicicletas e patíns eléctricos.

Zona verde peonil

Reforma da zona de paso peonil con densas arboredas e arbustos que permitan romper o impacto visual e separar a zona de tránsito de vehículos da peonil. Creando así unha zona de maior calidade e seguridade.

Relacionadas

Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

0
• O coñecido dúo galego, formado polas viguesas María Pérez e Sara Faro, estará o 2 de xuño no Campo da Feira. • Nos próximos...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

Publicacións Relacionadas