Home Tabeirós A Estrada Plan de choque do BNG para termos vivendas as prezos asequíbeis

Plan de choque do BNG para termos vivendas as prezos asequíbeis

- Anuncio -

Poñeremos en marcha un parque público de vivendas en alugueiro ao que se poidan incorporar os propietarios particulares que o desexen, complementado coa construción de vivendas de promoción pública na cantidade necesaria para equilibrar a oferta e a demanda

Un dos dereitos básicos da cidadanía é o dereito á vivenda. Mais ese dereito viuse restrinxido de sempre, pero fundamentalmente nos anos anteriores á crise económica nos que actividade construtiva se constituíu na máis visíbel expresión dun sistema xeneralizado de especulación capitalista, manifestada nunha alza continuada dos prezos en total disonancia co valor real das vivendas.

Isto ten como consecuencia que numerosos veciñas e veciños reclaman das administracións públicas, en espacial concello e Xunta, a construción de vivenda pública, máis asequíbel que a de promoción privada.

No BNG cremos que o goberno municipal ten que tomar partido e tomar a iniciativa impulsado. Non pode seguir de brazos cruzados ante unha demanda básica dos veciños e veciñas.

Neste sentido, a primeira actuación do goberno municipal do BNG será a realización dun estudo que determine o número de vivendas desocupadas, a súa titularidade, oferta existente en alugueiro, prezos, demandantes de vivenda e situación económica dos mesmos, para que sirva de base para elaborar un plan de vivenda que satisfaga as necesidades da poboación estradense.

En segundo lugar, poñeremos en marcha un parque público de vivendas en alugueiro ao que se poidan incorporar os propietarios particulares que o desexen, complementado coa construción de vivendas de promoción pública na cantidade necesaria para equilibrar a oferta-demanda. Así mesmo, promoveremos a recuperación da vivenda desocupada ou en estado de abandono para incorporala ao parque público de vivenda.

Tamén promoveremos a mobilidade da vivenda desocupada e gravando fiscalmente a que sexa propiedade de bancos e inmobiliarias. Así como fixaremos prezos de referencia, sobre os que se aplicaría un índice de proporcionalidade que adecúe o prezo aos ingresos das persoas usuarias.

Outro dos elementos claves na política de vivenda que nos gustaría poñer en marcha é a activación do PXOM, emprendendo as modificacións precisas para obter solo público para a construción de vivenda social, así como facilitar a edificabilidade en réxime de autopromoción, tanto no casco urbano como no rural.

Todas estas medidas buscan que o concello da Estrada pase de ser un mero espectador da política da vivenda a ser un actor clave para que no noso concello calquera veciño ou veciña poida ter unha vivenda a prezos asequíbeis.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas