Home Pontevedra Digna Rivas presenta nun acto multitudinario na Senda Verde os “proxectos que...

Digna Rivas presenta nun acto multitudinario na Senda Verde os “proxectos que son unha realidade” para Chapela

- Anuncio -

A Senda Verde acolleu o xoves 25 de maio a centos de persoas que se achegaron ao acto de Digna Rivas, como candidata á alcaldía PSdeG-PSOE de Redondela, para escoitar os proxectos futuros e que son unha realidade para Chapela. Estivo acompañada de novo por Abel Caballero quen tivo palabras de agarimo e alabanza polo ”gran traballo feito nos últimos catro anos que demostran que Digna Rivas é e sempre será a mellor alcaldesa que pode ter Redondela”.

“Facía moitos anos que non se veía un encontro coa veciñanza igual en Chapela. Todo un éxito que demostra o esforzo volcado nos últimos anos nesta parroquia. Escollín a Senda Verde para a presentación por ser un símbolo do meu traballo no municipio xunto con proxectos como a transformación da Praza de Ponteareas ou a humanización de Santa Mariña”, engade Rivas.

A candidata asegura que “os proxectos presentados na Senda Verde son UNHA REALIDADE e a maoría deles xa están en marcha e teñen un expediente aberto no Concello de Redondela para comezar canto antes a desenvolvelos”. Continuaba na mesma liña do acto realizado na Praza de Ponteareas para reafirmar que “o que presento non son ideas ou promesas, son realidades nas que xa estamos traballando moi afondo e que transformarán completamente Chapela”.

Entre os seus compromisos para Chapela salientou a redacción do proxecto técnico para creación da escola Infantil Finca da Xinaria, sendo competencia da Xunta de Galicia eque conta cun presuposto de 94.000€; a creación do Centro Social e Cultural para a cidadanía no antigo Colexio Igrexa (450.000€); o acondicionamento e melloro do Camiño Subida á Maceira, acceso ao novo Colexio Igrexa (590.000€); o proxecto de reforma da recente adquisición do Campo de Fútbol Municipal de Chapela (340.000€); a continuación do proxecto da Senda Verde na súa segunda fase (300.000€); a continuación da humanización do Barrio de Cidadelle tamén na súa segunda fase (350.000€); a creación do Skate Park e zona multideportiva na Senda Verde (350.000€); a instalación parque de calistenia no Paseo de Cardona(20.000€); a instalación e renovación de todas as marquesinas da Av. de Redondela (70.000€) e a tramitación do aluguer de terreos próximos á Rúa Manuel Rodríguez Casal para ofrecer prazas de estacionamento de balde (25.000€).

Para rematar puxo énfasis na aprobación das obras de reposición dos viais afectados pola AP-9 en Chapela “porque é unha realidade gracias ao traballo da miña equipa e que xa está publicado no BOE dende o 12 de maio deste ano a Contratación do servizo á entidade Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, Sociedad Anónima
Unipersonal. Non se trata dunha foto que non demostra nada, trátase de presentar realidades e feitos. As actuacións encontrábanse recollidas na adenda ao Convenio entre a Administración Xeral do Estado e a concesionaria Audasa e o Ministerio de Transporte investirá finalmente 4 millóns de euros nestes traballos tan esperados pola veciñanza de Chapela”.

Hoxe conclúe a campaña electoral de Digna Rívas como candidata á alcaldía polo PSdeG-PSOE de Redondela que se caracterizou por ter un formato “distinto, escapando dos mitins tradicionais e sustituíndoos por encontros cercanos e nos quu primaba o feedback coa cidadanía. E sobre todo caracterizados pola presentación de FEITOS E REALIDADES para apoiar a súa candidatura. Hoxe culmina definitivamente o percorrido da campaña cunha cea no Pazo de Vilavella na que participan a militancia e os simpatizantes a partir das 20:00h da tarde.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas