Home A Coruña A Xunta celebra a declaración do Xeoparque Mundial de Cabo Ortegal, o...

A Xunta celebra a declaración do Xeoparque Mundial de Cabo Ortegal, o segundo de Galicia

- Anuncio -

— O Consello Executivo da Unesco deu a coñecer hoxe a incorporación dun total de 18 novos espazos á Rede de Xeoparques, que pasa a estar integrada por 195 lugares


— No caso da candidatura galega, o organismo salienta que esta zona, localizada ao norte da provincia da Coruña, ofrece algunhas das testemuñas máis completas de Europa da colisión que orixinou o supercontinente Pangea, hai 350 millóns de anos

A Xunta celebra a declaración do novo Xeoparque Mundial de Cabo Ortegal, unha decisión que deu a coñecer hoxe mesmo a Unesco e que converte a esta zona, localizada ao norte da provincia da Coruña, na segunda en lograr esta distinción internacional no caso de Galicia.
O Comité Executivo da Unesco reuniuse hoxe en París para acordar a inclusión de 18 novos espazos na Rede Mundial de Xeoparques, que deste xeito pasa a estar integrada por 195 lugares pertencentes a 48 países e cunha superficie equivalente a dúas veces o tamaño de Reino Unido.
No caso concreto de Cabo Ortegal —a única incorporación española—, a Unesco salientou que esta zona ofrece algunhas das testemuñas máis completas de Europa da colisión que orixinou o supercontinente Pangea, hai ao redor de 350 millóns de anos, un proceso coñecido como oroxénese varisca. De feito, a maioría das rocas deste xeoparque emerxeron á superficie naquel momento das profundidades da terra.
O novo Xeoparque Mundial de Cabo Ortegal abrangue unha superficie terrestre de case 632 km2 repartidos entre 7 municipios —Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño— e cunha gran riqueza e variedade xeolóxicas.
De feito, esta nova declaración por parte da Unesco sumarase ao resto de distintivos e figuras de protección cos que xa conta este ámbito: catro zonas de especial conservación, dúas de especial protección de aves, dúas áreas de protección Ramsar e dous humedais protexidos.
Cómpre lembrar que a etiqueta de xeoparque mundial foi creada no ano 2015 para recoñecer o patrimonio xeolóxico de importancia internacional, apostando por combinar a súa conservación coa divulgación pública e un enfoque de desenvolvemento sostible para que estes lugares presten tamén un servizo ás comunidades locais.
En abril do ano 2019 as Montañas do Courel se converteron no primeiro Xeoparque Mundial da Unesco en Galicia. Coa incorporación agora de Cabo Ortegal, cuxa candidatura recibiu desde o primeiro momento o apoio expreso da Xunta ante os distintos comités nacionais encargados de valorar as propostas, a Comunidade pasa a ter 2 dos 16 xeoparques declarados en España.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas