Home O Morrazo Marín O Concello volve activar de xeito gratuito o servizo de control de...

O Concello volve activar de xeito gratuito o servizo de control de pombas e gaivotas

- Anuncio -

Aqueles interesados en que se revise o tellado poden concertar unha cita chamando ao 620 00 28 64.

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, informou esta mañá de que xa está de novo activo o servizo de control poboacional da gaivota patiamarela e da pomba común no casco urbano de Marín.

Será a empresa Indigemont a que se encargue da xestión do servizo desde hoxe.
Con respecto á gaivota, calquer veciño, veciña ou comunidade que queira solicitar de maneira gratuita a revisión do tellado, pode facelo chamando ao 620 00 28 64, en horario de luns a venres, de 08.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

Tal e como explican desde a empresa, os métodos que se utilizan para o control poboacional destas especies son incruentos e con métodos avalados pola lexislación medio ambiental. Deste xeito, cando van revisar un tellado, retíranse os niños e no caso de haber crías, lévanse ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre, ubicado en Cerdedo-Cotobade.

No que respecta ás pombas, a súa captura realízase a través de gaiolas, de grandes dimensións e con comedeiros e bebedoiros, que lles permiten aos exemplares capturados estar en correctas condicións vitais até que os operarios acuden na súa busca. As pombas son levadas despois a un núcleo zoolóxico autorizado, no que son examinadas para comprobar o seu estado de saúde e posteriormente son liberadas lonxe dos núcleos urbanos.

A empresa realizará esta semana un censo poboacional inicial de ambas especies por parte dun biólogo experto e despois, ao finalizar a tempada, realizarase outro censo para comprobar o cambio en ambos casos.

Relacionadas

A Deputación e o Concello de Sanxenxo analizan proxectos en marcha e novas actuacións...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e confirmou o compromiso da institución provincial para dar impulso...

O Concello avanza no impulso de proxectos transformadores para Tomiño

0
O pleno aprobou os máis de 140.000€ para o convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para a mellora da mobilidade na estrada entre...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese coa alcaldesa de Moaña para analizar...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e outros membros...

O deputado provincial Javier Tourís reúnese coas responsables da Feira Etiqueta Negra

0
O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Javier Tourís, mantivo esta mañá unha reunión coas organizadoras da oitava edición da feira de produto...

Oitocentos sesenta deportistas mergúllanse no patrimonio natural de Mondariz

0
Oitocentos sesenta persoas inscritas e unha lista de espera de máis de cen deportistas é o balance que fai a día de hoxe a...

A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez presenta a Copa Deputación de Kickboxing que acollerá...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, xunto ao alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, acaban...

Publicacións Relacionadas