Home A Coruña Aberto o prazo de inscrición para a “VI Carreira escolar do Concello...

Aberto o prazo de inscrición para a “VI Carreira escolar do Concello de Neda”

- Anuncio -

A proba deportiva, destinada a alumnado de entre 4 e 12 anos, terá lugar o domingo 18 de xuño

O domingo 18 de xuño terá lugar a sexta edición da Carreira escolar Concello de Neda. O servizo municipal de Deportes, que promove esta iniciativa destinada impulsar a práctica de atletismo e fomentar a convivencia entre o alumnado local, abre o prazo de inscrición tanto para os centros educativos nedenses como para aqueles outros de fóra, con nenos interesados en participar.

A proba disputarase a partir das 11 horas na contorna natural da pista polideportiva de Subarreiros (inmediacións da ribeira de San Nicolás). E a idade dos deportistas –menores de entre 4 e 12 anos- determinará a adscrición a unha das catro categorías existentes e tamén a distancia que deberán percorrer.

Así, os pequenos e pequenas da categoría biberón (nacidos no 2018 ou no 2019) correrán 50 metros aproximadamente; os pre-benxamíns (nados no 2016 e no 2017), 300 metros; os benxamíns (con data de nacemento no 2014 ou 2015) un total de 600 e, finalmente, os alevíns (de 2011, 2012 ou 2013) correrán 900 metros.

Os colexios nedenses deberán facer a inscrición como equipo, tendo que enviar a relación de integrantes antes do 15 de xuño, ao correo electrónico escolasneda@gmail.com. A través dese mesmo email e dentro do mesmo prazo poderán inscribirse tamén centros doutras localidades nos que cursen estudos rapaces interesados en sumarse á proba deportiva. Neste caso, terán que indicar nome e apelidos, DNI, idade, e nome centro ao que pertencen.

Apuntan dende a organización que se establece un tope máximo de 50 participantes por cada categoría masculina e feminina, e detallan que a entrega de dorsais terá lugar o día da carreira, entre as 10 e as 10.45 horas. Todos os corredores/as, independentemente da posición na que finalicen, recibirán a súa medalla conmemorativa.

Relacionadas

Reunión coas ANPAS do Concello de Ribeira

0
O alcalde de Ribeira e a concelleira de educación, Cruz Rivadulla, mantiveron unha reunión coas ANPAS do Concello nun esforzo por estreitar a colaboración...

O prazo para inscribirse ao Encontro de Maiores de Bergondo xa está aberto

0
· Celebrarase o 2 de xuño e ten un prezo de 10 euros. · As persoas interesadas en apuntarse deberán facelo no gabinete de alcaldía...

O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo axudou a engancharse laboralmente a 4.500...

0
Case 4.500 persoas pasaron durante o pasado ano polo Centro de Formación e Emprego do Concello de Oleiros, unha plataforma municipal para impulsar a...

Incendio nunha fonte na avenida de Caión, no Concello de Arteixo

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Arteixo foron alertados ao redor das 22:00 horas de onte, domingo 5 de maio, dun incendio nunha...

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Publicacións Relacionadas