Home Ourense O Concello organiza actividades de conciliación de verán para escolares en 9...

O Concello organiza actividades de conciliación de verán para escolares en 9 colexios e na Aula de Natureza

- Anuncio -
  • Están dirixidas a nenos e nenas nados entre o 2011 e 2019, e desenvolveranse de luns a venres entre as 8.00 e as 14.30 horas
  • Para anotarse haberá que inscribirse no espazo web da Concellería de Educación desde o mércores, día 7, até o domingo 11 de xuño.

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Educación, organizará actividades de verán para escolares durante os meses de xullo e agosto para axudar á conciliación das familias ourensás. O prazo de inscrición estará aberto desde o vindeiro mércores, día 7, até o domingo 11 de xuño.

O programa ‘Concilia Verán 2023’ vai dirixido a nenos e nenas censados no Concello de Ourense nados entre os anos 2011 e 2019, e desenvolverase por quincenas -do 3 ao 14 e do 17 ao 31 de xullo, e do 1 ao 14 e do 16 ao 31 de agosto- en 10 espazos municipais: os CEIP O Couto, Manuel Luís Acuña, Vistahermosa, Irmáns Villar, Amadeo Rodríguez Barroso, Covadonga, A Ponte, As Mercedes e Mestre Vide, e na Aula da Natureza do río Miño.

Este programa municipal quere ofrecerlles ás familias un espazo de lecer durante os meses de verán con actividades que fomentarán os hábitos de vida saudables, actitudes solidarias e de convivencia e o respecto polo medio ambiente. Ademais, haberá atención para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e reforzo de materias lectivas.

A inscrición farase exclusivamente por Internet a través do espazo web da Concellería de Educación -www.educacionourense.es- desde as 9.00 horas deste vindeiro mércores, día 7, até a media noite do domingo 11 de xuño. A listaxe provisional de nenos e nenas admitidas publicarase o 15 de xuño, cando se abrirá un novo prazo de cinco días para formalizar as prazas, pagar as traxas correspondentes e achegar a documentación requirida.

Toda a información sobre prazos, espazos, documentación e taxas públicas está dispoñible neste documento (.pdf)

Relacionadas

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

Publicacións Relacionadas