Home Deputacións Deputación Pontevedra A sede da Deputación en Vigo acolle este sábado unha sesión de...

A sede da Deputación en Vigo acolle este sábado unha sesión de coaching musical impartida por Wöyza

- Anuncio -

O obradoiro “Súbete ao escenario” forma parte da terceira edición do programa  e abordará aspectos como a actitude ou a planificación da posta en escena

A sede de Vigo da Deputación acolle este sábado, a partir das 10:30 horas, o taller “Súbete ao escenario” enmarcado na terceira edición do programa “Descúbreas”, promovido pola institución provincial e Regalamúsica. O obradoiro, que contará coa participación da artista e produtora viguesa Wöyza, está enfocado a que as rapazas e mozas con inquietudes musicais poidan coñecer todos os procesos que calquera artista realiza á hora de subir ao escenario.

Na charla informativa de coaching Wöyza dará a coñecer todos os materiais e documentación técnica previos a un concerto, como o rider técnico, as partes que o compoñen ou cal é a súa importancia no proceso. Tamén abordará outros temas, como a actitude das artistas sobre o escenario ou a planificación da súa posta en escena: a disposición dos elementos, as diferentes persoas que traballan para que o son da banda ou da artista sexa perfecto, e tamén o equipo técnico necesario para levar a cabo unha actuación. Trátase, en definitiva, de coñecer todo o necesario para dominar o directo.

Terceira edición de Descúbreas

Na terceira edición de Descúbreas, oito rapazas de entre 16 e 35 anos foron seleccionadas para recibir un programa de mentorías encamiñadas a que dean os seus primeiros pasos na industria de xeito profesional. Nelas están a recibir o asesoramento de mulleres referentes do sector musical en Galicia e formación transversal a través de obradoiros, sesións grupais e sesións individualizadas.

Tamén nesta edición as participantes contan cunha banda de apoio formada por músicas profesionais e que as acompañarán nas súas actuacións. Ademais realizarase un audiovisual colaborativo coas escolas de música da provincia e vídeos-resumo en inglés e a plataforma web seguirá a actualizar o seu directorio de mulleres profesionais e a ofrecer vídeo-titoriais, ademais de distribuír unha newsletter semanal, que incorporou a sección ‘Domingo con elas’, con información sobre contidos musicais ou transversais de artes e disciplinas como a escrita, o cine ou a fotografía.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas