Home Xunta de Galicia O Diario Oficial de Galicia Publica hoxe as axudas para a súa...

O Diario Oficial de Galicia Publica hoxe as axudas para a súa obtención ou mantemento da marca Q de Calidade Turística

- Anuncio -

 Poderán ser persoas beneficiarias os concellos e as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos


 As axudas contarán cun crédito total de 170.000 €, dos cales 10.000€ corresponderán á categoría 1ª (concellos) e 160.000,00 € corresponderán á categoría 2ª (entidades privadas)


 As solicitudes presentaranse a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos para a obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).
A Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, ten por obxecto a planificación, ordenación, promoción e fomento do turismo na Comunidade Autónoma de Galicia, e establece entre os fins que persegue a promoción e o estímulo dun sector turístico galego competitivo, de calidade e accesible, así como o impulso á profesionalización do sector.
O obxectivo fundamental desta resolución é impulsar, promover e apoiar as iniciativas de calidade necesarias, para cumprir os exixentes estándares fixados polo Instituto para a Calidade Turística Española que considera o prestixio, a fiabilidade, a rigorosidade e a profesionalidade dos establecementos avaliados. Todo isto, para lles asegurar aos clientes a mellor experiencia turística posible. Deste xeito, a Axencia de Turismo de Galicia quere propiciar un marco favorable para a creación e o desenvolvemento de iniciativas turísticas de calidade, dado o peso do sector turístico no conxunto da economía da nosa comunidade autónoma que se reflicte no impulso das economías locais e na creación de emprego.
Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións os concellos e as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos, que deberán ter inscrita a actividade turística para a que se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia.
As subvencións contarán cun crédito total de 170.000 €, dos cales 10.000€ corresponderán á categoría 1ª (concellos) e 160.000,00 € corresponderán á categoría 2ª (entidades privadas). As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá

Relacionadas

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Publicacións Relacionadas