Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación amosa en Silleda as potencialidades da provincia no salón turístico...

A Deputación amosa en Silleda as potencialidades da provincia no salón turístico Turexpo

- Anuncio -

A campaña “Orixe Rías Baixas” vestirá desde este xoves o stand de Turismo Rías Baixas na duodécima edición da feira, que se celebra ata o domingo de forma paralela á Semana Verde

A Deputación colabora no ‘fam trip’ organizado para os 30 turoperadores asistentes á feira, aos que lles amosará o Palacete das Mendoza e o Castelo de Soutomaior

A Deputación de Pontevedra estará presente a partir deste xoves 8 de xuño e ata o domingo 11 no XII Salón Turístico de Galicia (Turexpo) que se realiza de forma paralela á Feira Internacional Semana Verde de Galicia, en Silleda. Deste xeito, a institución provincial continúa o seu traballo en materia de promoción do destino Pontevedra Provincia e disporá dun stand de 35 metros cadrados no que presentará os recursos da provincia enmarcados na campaña ‘Orixe Rías Baixas’, que busca posicionar o destino como o lugar idóneo no que vivir experiencias a través de eventos como festas de interese turístico internacional, ademais de visitar espazos únicos relacionados coa cultura e o patrimonio.

A través de Turismo Rías Baixas, a Deputación contará nesta feira cunha zona expositiva, un photocall e unha zona de información sobre o destino e a campaña actual de promoción. Ademais, levará a Turexpo unha pantalla na que as persoas visitantes poderán ver o audiovisual de ‘Orixe Rías Baixas’ ou o avatar da Madama de Cobres que animará a xente a visitar a provincia. O photocall integrado no stand poderá ser empregado polo público presente en Silleda, xa que ofrece tres escenarios distintos con tres fotografías en gran formato e cun gran protagonismo da contorna da feira (Deza e Tabeirós-Terra de Montes): a Rapa das Bestas de Sabucedo, as fiadeiras de Zobra (Lalín) e as Herbas de San Xoán. Ademais, a Deputación levará atrezo para que as e os visitantes poidan caracterizarse en cada un dos tres ambientes. Tamén se dará información ao público da oferta dos castelos musealizados de Soutomaior e de Sobroso.

A Deputación colabora no fam trip organizado para os turoperadores asistentes á feira
No XII Salón Turístico de Galicia (Turexpo) citaranse máis de trinta turoperadores con presenza en doce países: a Alemaña, a Arxentina, Australia, o Brasil, o Canadá, España, os Estados Unidos, Francia, Italia, Portugal, o Reino Unido e Uruguai. Gran parte deles asistirá durante a fin de semana a unha viaxe de familiarización (fam trip) na que, da man da Deputación de Pontevedra, asistirán o venres pola tarde ao Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, para coñecer todas as ferramentas dispoñibles para o público trala transformación dixital realizada ao abeiro do proxecto “Tourist Inside”. O día seguinte, o sábado, tamén recibirán unha visita guiada ao Castelo de Soutomaior.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas