Home Pontevedra Poio A Casa Museo de Colón recibe a preto de 100 persoas a...

A Casa Museo de Colón recibe a preto de 100 persoas a través de diferentes visitas guiadas

- Anuncio -

• Entre os e as participantes das últimas expedicións inclúense estudantes do SEK-Atlántico, que tomaron parte nestas visitas, que contan coa colaboración da Asociación Galicia Histórica

A Casa Museo de Colón vén de recibir a preto de 100 visitantes nas últimas semanas, a maioría dos cales chegaron a través de visitas guiadas que se levaron a cabo en colaboración coa Asociación Galicia Histórica. Un destes grupos foi o que estivo formado por uns 20 alumnos e alumnas do Colegio SEK-Atlántico, que tiveron ocasión de coñecer as dependencias de Portosanto o pasado 24 de maio. Uns días máis tarde o museo acolleu a chegada de máis de 60 integrantes dunha excursión organizada polo Espazo +60 Afundación de Pontedeume. Nestas visitas guiadas o encargado de exercer de anfitrión foi o presidente de Galicia Histórica, Pedro Martín, que explicou a todos e todas as asistentes os detalles da teoría da orixe galega de Cristóbal Colón, sobre a cal se pode atopar extensa documentación e material audiovisual na Casa Museo.

As visitas guiadas organizadas pódense solicitar poñéndose en contacto previamente co Concello de Poio e a Concellería de Turismo. Está previsto que a vindeira semana, concretamente o xoves 15, chegue unha nova expedición, composta por máis de 50 integrantes da Asociación de Maiores de Telefónica da Coruña. Estes visitantes, ademais de coñecer o museo poiense, terán ocasión de visitar outros lugares de interese do municipio, como son a Illa de Tambo, o Casco Histórico de Combarro ou a ruta dos muíños da Freixa, na parroquia de San Xoán.

A maiores, o Concello de Poio lembra que tamén se pode visitar a Casa Museo de Colón de 15.30 a 20.30 horas de martes a venres ou ben os sábados en horario de mañá (de 9.30 a 14.30 horas). Pódese obter máis información sobre as dependencias e os seus atractivos na páxina web www.turismopoio.com

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas