Home Pontevedra Poio Aberto o prazo para a elección dos premios ao deporte de San...

Aberto o prazo para a elección dos premios ao deporte de San Xoán 2022-2023

- Anuncio -

• As solicitudes poderán presentarse de xeito telemático a través da Sede Electrónica


• A entrega dos galardóns levarase a cabo o xoves 22 de inicio, antes da lectura do pregón das Festas de San Xoán

O Concello de Poio informa de que xa está aberto o prazo para a presentación de propostas para a concesión dos Premios ao Deporte San Xoán 2022- 2023, que se impulsan, un ano máis, coa intención de recoñecer a traxectoria e os éxitos dos e das deportistas locais, así como o labor realizado ao longo deste curso por parte de clubs e entidades con actividade deportiva no municipio.

O período para a presentación de propostas ficará aberto ata este sábado, 10 de xuño.
Esta xestión deberá facerse a través da Sede Electrónica do Concello de Poio. Deberá constar no documento o nome dos e das candidatas e das entidades deportivas propostas, cunha motivación para a súa elección. Á hora de establecer estes recoñecementos teranse en conta cuestións como a superación de resultados en anos precedentes, a valoración de éxitos individuais ou colectivos, logros a niveis provincial, autonómico, estatal, europeo ou mundial, consecución de logros non acadados en tempadas anteriores, ascenso de categorías, representacións de deportistas locais en clubs de primeira liña e o recoñecemento ao traballo, voluntariedade, promoción, difusión e implicación como eidos fundamentais para fomentar o deporte tanto no noso municipio como máis alá de Poio.

A elección dos e das gañadoras nas diferentes categorías terá lugar na sesión convocada polo Consello Municipal de Deportes o vindeiro luns 19 de xuño, no que os e as integrantes (representantes do eido deportivo e dos grupos da Corporación) analizarán as propostas que se presenten. Como xa é tradición, a entrega dos premios terá lugar o día 22, coincidindo co inicio da programación das Festas de San Xoán, antes da lectura do pregón.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas