Home A Coruña Os "Bolechas Deportistas" visitarán a rapazada de 15 concellos da Rede de...

Os “Bolechas Deportistas” visitarán a rapazada de 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística

- Anuncio -
  • A familia máis famosa da literatura infantil galega viaxará en caravana cunha programación chea de xogos para fomentar o uso do galego no ámbito deportivo
  • Arrancará mañá ás 12,00 horas en Ribeira e pasará por Chantada, Barreiros, Campo Lameiro, Vilanova de Arousa, Castro Caldelas, Boqueixón, O Pereiro de Aguiar, Quiroga, Frades, Mondariz, Ares, Baiona, Bande e A Pobra de Trives
  • Trátase do segundo espectáculo da serie ‘Os Bolechas deportistas’, que xa visitou o ano pasado outros tantos concellos galegos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación do  espectáculo Os Bolechas deportistas viaxan no tempo, que vai desenvolver a editorial Bolanda no marco da programación de verán do FalaRedes 2023, o programa de dinamización lingüística da Xunta. A iniciativa, que arranca mañá en Ribeira, visitará de novo 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega no deporte e os hábitos de vida saudables entre a rapazada.

No acto, no que estivo acompañado pola familia Bolechas, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades recalcou a importancia “dun ámbito como o do deporte, asociado a valores positivos e que ocupa moitas horas de actividade dos nosos rapaces e rapazas, para a dinamización da lingua galega”.

A lingua galega no deporte

Trátase da segunda edición da serie Os Bolechas deportistas, coa que os coñecidos personaxes de Pepe Carreiro dan a coñecer diferentes disciplinas deportivas e promoven o uso da lingua galega durante a súa práctica. A través dun teatro de monicreques e outras actividades complementarias ao pé da rúa, os Bolechas viaxarán por toda a xeografía galega coas súas aventuras, que os levarán a  construír unha máquina coa que practicar os deportes do pasado, presente e futuro.

A xira comezará este venres 23 ás 12,00 horas na avenida do Malecón, en Ribeira, e pasará durante os próximos meses por: Chantada (praza de España) o 24 de xuño, Barreiros (praza do Concello) o 7 de xullo, Campo Lameiro (praza do Concello) o 8 de xullo, Vilanova de Arousa (praza dos Olmos) o 9 de xullo, Castro Caldelas (praza do Prado) o 15 de xullo, Boqueixón (Carballeira de Rodiño) o 16 de xullo, O Pereiro do Aguiar (CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey) o 21 de xullo, Quiroga (praza da rúa Lago) o 21 de xullo, Frades (Campo da festa de Galegos) o 25 de xullo, Mondariz (praza de España) o 29 de xullo, Ares (Parque Rosalía de Castro) o 30 de xullo, Baiona (praza do Concello) o 1 de agosto, Bande (praza da Constitución) o 4 de agosto e A Pobra de Trives (praza do Reloxo) o 5 de agosto. As datas e as horas exactas poden consultarse na Axenda de Cultura de Galicia e no Portal da Lingua Galega.

55 pases para os próximos meses

Esta actividade enmárcase na programación de verán do FalaRedes 2023, que ten previstos para os próximos meses 55 pases de actividades tales como  espectáculos, monicreques e mesmo unha exposición para distribuír entre distintos concellos e agrupacións membros da Rede de Dinamización Lingüística.

Os obxectivos deste programa, que xa vai pola súa duodécima edición, son ampliar a oferta de ocio no noso idioma, reforzar a oferta de actividades en galego dos concellos adscritos, promover o uso e valoración positiva da lingua propia de Galicia e apoiar os e as artistas que desenvolven o seu traballo nela.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas