Home Pontevedra Caldas Carme da Silva chama ao Salnés “empuxar cos seus votos” para que...

Carme da Silva chama ao Salnés “empuxar cos seus votos” para que Galiza se faga valer en Madrid cun grupo galego forte da man do BNG o 23X

- Anuncio -

A candidata comprometeuse nun mitin en Catoira a traballar pola axenda da comarca: rexeneración das rías, representación da xente do mar, tren de proximidade e mellora da conexión con Portugal para fomentar o turismo

A candidata do BNG por Pontevedra ás vindeiras eleccións xerais do 23X, Carme da Silva, chamou hoxe ao Salnés a “empuxar cos seus votos” para que Galiza se faga valer en Madrid cun grupo galego forte da man do Bloque. Subliñou que a forza nacionalista irá a por todas para facer os intereses de galegas e galegos e destacou que traballará por reivindicar a axenda da comarca e darlle entrada directa no Congreso dos deputados fronte ao esquecemento e discriminación á que as forzas centralistas a someteron nos últimos anos “sen ningún tipo de rubor”.

Ante a veciñanza que asistiu á Alameda, e acompañada pola tamén candidata ao Congreso María Paz, polo candidato ao Senado Duarte Correa, e polo alcalde do BNG Xan Castaño, Da Silva destacou que a costa do Salnés está a preto de 650 quilómetros de Madrid, polo que existe unha grande necesidade de que a xente do mar, mariscadoras e toda persoa relacionada coa pesca, se sinta representada na meseta reivindicando as súas necesidades.

Salientou tamén a obriga de rexeneración das rías, e indicou que é preciso “darlle unha grande volta” á situación das infraestruturas, nomeadamente pola urxente creación dun tren de proximidade que conecte toda Arousa, e tamén pola mellora da conexión con Portugal, da que dixo “sería moi importante” para unha zona tan turística pola potencialidade de atraer persoas visitantes.

“Todo isto só pode chegar da man do BNG. –asegurou- Este 23X Galiza xógase ter máis peso político e defender os seus intereses. Nestas eleccións no BNG saímos a por todas, sen poñernos límites e cun obxectivo moi claro: conseguir un grupo galego forte no Congreso para que se escoite a voz dos galegos e as galegas que queren contar ante o Goberno do Estado fronte á xa tan coñecida ‘procesión dos caladiños’” concluíu, en referencia aos 22 deputados e deputadas as forzas centralistas que non conseguiron nin unha mellora para a provincia.

Fixo fincapé na forza que tivo a presenza nacionalista galega en Madrid da man de Néstor Rego e preguntou “que non seremos capaces de acadar en favor do país se acadamos unha maior representación? Non hai límites se somos determinantes para a formación de goberno!”, argumentou.

Segundo salientou, este 23X é o momento de que Galiza se faga valer porque no escenario electoral non se prevén maiorías absolutas e o BNG pode ser a forza que converta o imposible en posible, xa que o seu voto é o máis útil ao valer para defender os intereses do país, pero tamén para poñer freo á dereita e ultradereita como “muro de contención”.

Pola súa banda, a tamén candidata ao Congreso e concelleira en Catoira María Paz fixo tamén un repaso do traballo de Rego en Madrid. Lembrou que o concello catoirense estivo representado, entre outras, na iniciativa presentada polo nacionalista referente á pirotecnia que prevían construír no monte, na proximiadade da parroquia de Dimo, que finalmente quedou paralizada pola presión veciñal. “A nosa intención é dar a batalla e multiplicar a nosa voz, a voz de Galiza, de Salnés e de Catoira”, insistiu.

Duarte Correa, candidato ao Senado pola provincia de Pontevedra baseou a súa intervención en tres características do voto ao BNG. Destacou que é un voto de dignidade, de utilidade e de reivindicación, e engadiu tamén a comparativa do acontecido en Catoira nos últimos anos co que debería acontecer en Madrid tralo 23X: tras anos de acordos PP-PSOE gobernando ao mesmo xeito, a cidadanía quixo sacalos do goberno local para poñer a un alcalde do BNG que realmente defende os intereses da veciñanza.

O alcalde de Catoira Xan Castaño, pola súa banda, tamén fixo fincapé na necesidade de cambio que precisa O Salnés ao respecto das políticas estatais e subliñou que “é posible que Galiza conte con máis forza” igual que foi posible en Catoira da man do BNG.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas