Home A Coruña Os 30 barcos do III Roteiro Rías Baixas Isonor chegan mañá venres...

Os 30 barcos do III Roteiro Rías Baixas Isonor chegan mañá venres pola tarde a Portosín

- Anuncio -

Procedentes de Baiona, arribarán ás 18:00 horas tras unha peregrinación marítima que transcorreu por Combarro, A Toja, A Pobra do Caramiñal e Muros

A expedición fará o sábado a pé o último tramo a Santiago de Compostela, partindo desde Bertamiráns (Ames)

Trinta barcos participan nunha peregrinación marítima desde Baiona ata Santiago de Compostela a través do III Roteiro Rías Baixas Isonor. As embarcacións, que partiron o luns de Baiona, chegarán mañá venres, ao redor das 18:00 horas, ao porto de Portosín.

Deste xeito, acumularán máis de 120 millas de navegación, nas que selaron a súa credencial do peregrino en cada porto. Por tanto, para obter a desexada Compostela, só lles restará completar a pé un último tramo do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia. Unha camiñada que acometerán o sábado 8 de xullo pola mañá, partindo desde Bertamiráns (Ames).

José Antonio Marcote, responsable de comunicación do Xeodestino Ría de Muros Noia e que será o encargado de recibir aos peregrinos á súa chegada, asegura que “é un pracer comprobar como este Roteiro converteuse nunha realidade que xa é imparable. Encaixa perfectamente coa idea de como entendemos nós nosa ría, a nosa promoción e o noso traballo”.

III Roteiro Rías Baixas Isonor

A Roteiro Rías Baixas Isonor é unha travesía nada hai dous anos e que se converteu nunha máis dos diferentes roteiros que conforman o Camiño de Santiago. Está organizada polo Monte Real Club de Iates, o Real Club Náutico de Portosín e o Xeodestino Ría de Muros Noia. O seu obxectivo é divulgar a cultura mariñeira, promover o turismo náutico, impulsar o deporte da vela e dar a coñecer as potencialidades dos nosos portos.

Nesta terceira edición participan un total de 30 barcos con medio centenar de persoas, chegando de novo ao límite establecido pola organización para ofrecer a mellor experiencia durante a travesía, así como tamén nos diferentes portos nos que recalou a frota. A peregrinación partiu o luns 3 de xullo de Baiona rumbo a Combarro. Despois pasaron pola Toja, Pobra do Caramiñal e hoxe xoves por Muros, chegando finalmente mañá venres a Portosín. A expedición leva tres embarcacións de seguimento e unha furgoneta por terra de organización e seguridade.

O presidente do RCN Portosín Jorge Arán, agradeceu formar parte deste proxecto: “Colaborar co Monte Real é unha honra e o fin deste proxecto é o de facilitar a navegación e a participación tamén a familias en zonas nas que quizais moita xente non está afeita navegar. Quero agradecer especialmente ao club o seu traballo para facilitar isto e tamén que veñan á ría de Muros e Noia, que sen dúbida ten moito que ofrecer”.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas