Home O Ribeiro Melón Destacados campamentos de verán en Melón ofrecen oportunidades de conciliación familiar e...

Destacados campamentos de verán en Melón ofrecen oportunidades de conciliación familiar e diversión para os nenos

- Anuncio -

• “Queremos que se divirtan, aprendan e gocen do seu tempo libre mentres os seus pais poden traballar con tranquilidade. Os campamentos de verán son unha forma de apoiar ás nosas familias e construír un futuro prometedor para os nosos mozos”.

O alcalde de Melón, Emilio Vidal, recoñecido pola súa destacada labor na comunidade, volve demostrar o seu compromiso coas familias e os nenos da comarca coa organización dos mellores campamentos de verán da rexión. Estes campamentos, cualificados pormoitos como os mellores da comarca, ofrecen unha experiencia enriquecedora e divertida para os máis novos, permitindo ao mesmo tempo que os pais concilien o traballo coas vacacións estivais dos seus fillos.

O programa de campamentos de verán, que comezou o 22 de xuño e prolongarase ata o 1 de setembro, está deseñado coidadosamente para garantir que os nenos e nenas de Melón gocen dun verán cheo de actividades nun ambiente seguro e estimulante. Unha das características máis destacadas destes campamentos é a súa gratuidade total, o que permite que todas as familias, independentemente da súa situación económica, poidan beneficiarse desta oportunidade única.

Os campamentos desenvólvense en horario de mañá, de luns a venres, dende as 8:00 ata as 14:00 horas, o que permite aos pais organizar os seus horarios laborais sen preocupacións. Durante estas horas, os nenos e nenas participan nunha ampla variedade de actividades didácticas e recreativas, desde xogos tradicionais ata xogos didácticos que estimulan o seu aprendizaxe e desenvolvemento.

Ademais, os organizadores prepararon diversas saídas á piscina, onde os máis pequenos poden desfrutar do ambiente refrescante da auga nos días quentes de verán. As colchonetas e outras instalacións tamén están dispoñibles para que os nenos poidan divertirse e socializar mentres desenvolven habilidades físicas e emocionais.

“Estes campamentos de verán son un exemplo do compromiso do alcalde Emilio Vidal coas familias da nosa comunidade”, declarou, unha nai satisfeita cuxo fillo participa no programa este ano. “Non só nos ofrece a oportunidade de asegurarnos de que os nosos fillos estean seguros e ben coidados durante o verán, senón que tamén lles proporciona experiencias educativas e recreativas que enriquecen o seu crecemento persoal”.

O alcalde Emilio Vidal expresou a súa satisfacción pola acollida que tivo o programa e o seu compromiso de seguir mellorándoo no futuro. E agradece ás monitoras do campamento o seu excelente traballo. “O noso obxectivo é ofrecer aos nosos nenos e nenas a mellor experiencia posible durante o verán”, afirmou o alcalde. “Queremos que se divirtan, aprendan e gocen do seu tempo libre mentres os seus pais poden traballar con tranquilidade. Os campamentos de verán son unha forma de apoiar ás nosas familias e construír un futuro prometedor para os nosos mozos”.

Relacionadas

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

Publicacións Relacionadas