Home O Ribeiro Cenlle A Xunta destaca o traballo do Polo Miño Central que asesorou unha...

A Xunta destaca o traballo do Polo Miño Central que asesorou unha trintena de proxectos relacionados coa hostalaría ou coa tecnoloxía

- Anuncio -

― O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe nunha xornada en Cenlle sobre a remuda xeracional nos negocios do sector vitivinícola, turístico e hostaleiro na comarca do Ribeiro


― Sinalou que a Rede autonómica de polos de emprendemento e apoio ao emprego está a servir para dinamizar o mercado laboral e para xerar traballo de calidade que fixa poboación no territorio, posibilitando ao tempo a innovación nos negocios


― Na provincia de Ourense están en activo dous polos (Ourense Centro e Sur e Miño Central) que acompañaron desde a súa posta en marcha 75 proxectos

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, destacou hoxe en Cenlle a trintena de proxectos de emprendemento que se teñen acompañado no marco do Polo Miño Central, pertencentes a sectores como a hostalaría ou as actividades profesionais, científicas e técnicas. Foi na clausura dunha xornada sobre a remuda xeracional nos negocios do sector vitivinícola, turístico e hostaleiro na comarca do Ribeiro, organizada precisamente por este Polo ourensán.
Fernández sinalou o importante labor que a través dos polos se está a desenvolver para dinamizar o mercado laboral e xerar traballo de calidade e pegado ao territorio, posibilitando ao tempo a innovación nos negocios. Este recurso, segundo apuntou, conecta ás persoas emprendedoras, ás administracións, aos axentes e técnicos que prestan servizos no ámbito do emprego, e aos sectores tractores e empresas do territorio.
Na actualidade están activos en Galicia oito polos (serán 15 a finais deste ano), onde se acompaña ás persoas emprendedoras nos seus proxectos, desde principio a fin, e a maiores celébranse actividades de difusión da cultura emprendedora nas que se fomenta o intercambio de ideas e coñecementos, como a celebrada hoxe en Cenlle.
Desde o Polo Miño Central, que organizou precisamente esta xornada, dase cobertura e apoio ao emprego a 47 concellos das comarcas de Allariz-Maceda, Terra de Celanova, O Ribeiro, O Carballiño e Ourense. Ata o de agora atendéronse 27 proxectos empresariais de diversos sectores. Por esta orde, destacan os da hostalaría; os das actividades profesionais, científicas e técnicas; os da industria manufactureira; os de agricultura, gandaría, silvicultura e pesca; os do comercio e os doutros servizos.
No conxunto da provincia ourensá, existen dous polos (a maiores do de Miño Central, o de Ourense Centro e Sur), que acompañaron desde a súa posta en marcha 75 proxectos promovidos por 84 persoas.
Cabe engadir que, na xornada de hoxe, tres empresas da comarca do Ribeiro (unha de venda de licores, outra con restaurante e tenda gourmet e -por último- unha bodega) presentaron os seus negocios como exemplos de remuda xeracional nos seus respectivos sectores.

Posteriormente, con preguntas dirixidas e moderadas polo equipo técnico do Polo Miño Central e coa intervención dos tres participantes na mesa, abriuse un debate-coloquio no que se abordaron posibles fórmulas para darlle un pulo a esa remuda xeracional na bisbarra.

Axudas ao emprendemento
Na actividade celebrada hoxe, o secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social tamén destacou a nova edición das axudas ao emprendemento que se aprobaron recentemente no Consello da Xunta. Dun lado, e, por segundo ano consecutivo, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convocou a semana pasada apoios para axudar cos investimentos desenvolvidos polas iniciativas empresariais máis recentes e contribuír a mellorar a súa competitividade. A iniciativa conta cun orzamento de 7 millóns de euros e podénse beneficiar pemes, persoas traballadoras autónomas, sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego, que teñan iniciado a súa actividade desde o 1 de xaneiro de 2021 (ou máis tarde) e permanezan en activo.
Outorgaranse axudas para financiar investimentos realizados polas entidades entre o 5 de novembro de 2022 ata a data da solicitude. Cubriranse, deste xeito, investimentos xa realizados (debidamente xustificados mediante factura) en equipamento informático, melloras da eficiencia enerxética, adquisición de mobiliario, reforma e/ou habilitación de locais ou adquisición de equipos de segunda man para o negocio, entre outros.
Doutro lado, en vindeiras datas convocaranse os apoios dotados con 6 millóns de euros para financiar investimentos e a contratación de persoas desempregadas por emprendedores con ata 42 meses de actividade. Así, en total, a Xunta destinará 13 millóns de euros a estas dúas ordes de axudas.

Relacionadas

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo do 25N...

0
● A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción, os populares ourensáns “queremos poñernos do lado das mulleres vítimas de violencia,...

A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional...

0
O postos de venda ambulante instalaranse no entorno da Praza de Abastos - rúas Tras Alameda, e baixada da Praza a carón do Rianxo...

A Xunta lanzará unha app móbil que permitirá á cidadanía autovaliar as súas competencias...

0
― Trátase dunha das novas accións ás que o Goberno galego destinará 1M€ no 2025 para impulsar a ferramenta EMi e estará destinada sobre...

A Deputación aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

0
Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Pac mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da...

A Xunta pon de relevo nos XIII Premios de AJE Ourense a estratexia de...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a directora-xerente de...

Publicacións Relacionadas