Home A Coruña A Xunta financia o programa Oímbra Verán de apoio á conciliación familiar...

A Xunta financia o programa Oímbra Verán de apoio á conciliación familiar no que participan medio cento de nenas e nenos de entre 3 e 14 anos

- Anuncio -
  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe unha ludoteca onde se realizan as actividades no marco desta iniciativa
  • Destacou que se trata tan só dunha das liñas de axuda que se poñen á disposición das familias galegas, por preto de 17 millóns de euros este ano en apoios á conciliación e ao fomento da corresponsabilidade
  • A conselleira fixo fincapé no benestar laboral e na importancia da conciliación da vida persoal e profesional para que “ a igualdade sexa máis doada en Galicia”
  • Referiuse ao II Plan de Benestar Laboral, Conciliación e Corresponsabilidade, que servirá de marco para as políticas que se desenvolvan deica 2025 co foco posto en fortalecer os recursos de apoio ás familias e en dignificar os traballos de coidado

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, sinalou hoxe en Oímbra a importancia de impulsar e apoiar desde as administracións a conciliación corresponsable, favorecendo a organización das familias -neste caso- durante o período estival mentres os pequenos desfrutan de momentos de ocio e socialización de forma segura e divertida. Así o sinalou na visita que realizou ao programa municipal Oímbra Verán, que a Xunta apoia desde 2015 e no que este ano participan 50 nenas e nenos de entre 3 e 14 anos.

Este programa favorece a conciliación para facilitar que calquera persoa traballadora poida facer un uso equilibrado dos seus tempos e así velar polo coidado da súa familia, o seu desenvolvemento como persoa, a súa formación ou o seu tempo libre.  En Oímbra, o programa ofrece clases de inglés, xogos, música, deporte, excursións ou actividades acuáticas.  

Elena Rivo salientou que esta “é tan só unha das liñas de axuda que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade pon á disposición das familias galegas” para apoiar a conciliación e o fomento da corresponsabilidade, xestionando este ano preto de 17 millóns de euros con ese obxectivo.

Na súa intervención, a conselleira referiuse ao II Plan Galego de Benestar Laboral, Conciliación e Corresponsabilidade, que cun orzamento global superior aos 1.100 millóns de euros servirá de marco para as políticas autonómicas que se desenvolvan deica 2025 co foco posto no fortalecemento dos recursos de apoio ás familias e na dignificación dos traballos de coidado. “Desde o Goberno galego intentamos favorecer a conciliación, un apoio que ter que ser transversal, xa que afecta a moitos eidos”, apuntou, ao tempo que sinalou a importancia de apostar pola conciliación e a corresponsabilidade para que “a igualdade sexa máis doada en Galicia”.

Ademais do II Plan Galego de Benestar Laboral, Conciliación e Corresponsabilidade, a  futura Lei de igualdade, que está na actualidade en tramitación parlamentaria, incide no benestar laboral e na conciliación da vida persoal e profesional.

Relacionadas

A Xunta apoia a contratación de 15 novos doutorandos para que poidan desenvolver a súa tese en...

0
― A Consellería de Ciencia inviste case preto de 2 millóns de euros na cuarta edición deste programa, que suma xa máis de 61...

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico...

0
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello Carballo é...

Publicacións Relacionadas