Home Ourense A Xunta destaca a aposta pola innovación da empresa de San Cibrao...

A Xunta destaca a aposta pola innovación da empresa de San Cibrao das Viñas Formato Verde

- Anuncio -

— A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou a compañía, que deseñou co apoio do programa DeseñaPeme un novo contedor de residuos de carga vertical para o mercado europeo


— A convocatoria de 2023 desta liña de axudas, que nesta edición se convoca conxuntamente con InnovaPeme, está aberta ata o vindeiro 14 de agosto

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou a empresa ourensá Formato Verde, dedicada ao sector do equipamento para a recollida de residuos urbanos, que deseñou un novo contedor de residuos co apoio da liña de axudas DeseñaPeme da Xunta de Galicia.
Argerey destacou a importancia de incorporar o deseño dentro da estratexia das empresas como motor de innovación, sustentabilidade e competitividade. Neste sentido, puxo como exemplo de innovación en produto a través do deseño a Formato Verde, que co modelo City.Bin consegue unificar diferentes versións de colector nun novo produto. Pensado para o mercado francés e europeo en xeral, achega valor e diferenciación no mercado. Para o seu desenvolvemento recibiu unha axuda do programa DeseñaPeme 2021 por importe do 50% dos custos do proxecto.
Argerey lembrou que está actualmente aberta a convocatoria 2023 deste programa de axudas -ata o 14 de agosto-, que nesta edición se convoca conxuntamente co programa InnovaPeme. O obxectivo de ambas liñas é impulsar a competitividade nas pequenas e medianas empresas galegas a través do deseño e a innovación.
Cunha dotación total de 4,5 millóns de euros, aspira a financiar 60 plans de deseño e innovación. As pemes pódense presentar a unha ou ás dúas liñas. A través de DeseñaPeme apóiase a innovación en produto, servizo e experiencias, marca e identidade, mentres que InnovaPeme céntrase na innovación en procesos e organización. Entre os obxectivos desta convocatoria atópanse promover unha cultura da innovación continua e sistemática nas pemes galegas, incrementar o número de empresas innovadoras e aumentar a súa competitividade.
Formato Verde tamén foi beneficiaria do programa InnovaPeme no ano 2017. A través do plan de innovación desenvolveu un departamento de I+D+i e impulsou o lanzamento de novos produtos para reforzar a súa diferenciación no mercado e a mellora da competitividade coa redución de parámetros como tempos de proceso, stocks ou tempos de desenvolvemento de novos produtos.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas