Home A Coruña A Xunta habilita servizos de autobús especiais para as festas da Gándara,...

A Xunta habilita servizos de autobús especiais para as festas da Gándara, en Narón e do Cochiño, en Cerceda

- Anuncio -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade activará servizos de autobús especiais entre os días 24 ao 30 de xullo para as festas da Gándara, en Narón, e as festas do Cochiño, no Parque Acuático de Cerceda, fomentando así o transporte público e reducindo posibles accidentes nas viaxes de regreso.

Concretamente, para as festas da Gándara, en Narón, activaranse servizos entre a praza de España de Ferrol e Xuvia, en Narón  do 25 ao 28 de xullo, ambos os dous incluídos. Os servizos de ida sairán de Ferrol ás 00,00 horas, 01,00 e 02,00 horas da madrugada e os de volta sairán desde Xuvia cara a Ferrol ás 00,30 horas, 01,30 e 02,30 horas, respectivamente.

Adicionalmente, o día 28 de xullo habilitaranse tamén servizos con saída desde a praza de España de Ferrol ata Xuvia ás 03,00 e 04,00 horas e, en sentido contrario, desde Xuvia ata a praza de España, ás 03,30 e 04,30 horas.

Por outra banda, o 29 de xullo activaranse servizos con motivo das festas do Cochiño no Parque Acuático de Cerceda. Así, poranse en marcha expedicións con saída de Entrexardíns (A Coruña) ás 19,00 e ás 21,00 horas. Para o regreso, os usuarios contarán con autobuses que sairán na madrugada do día 30 ás 02,15 e ás 03,30 horas, respectivamente.

Os servizos de volta cara á Coruña non recollen parada en Cerceda, mais os veciños deste municipio contarán con servizos específicos de regreso o día 30 ás 02,00 e 03,15 horas da madrugada que partirán desde o Aquapark.

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova. Os demais usuarios do transporte público da Xunta poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

A información relativa aos horarios dos servizos e as súas paradas poderán ser consultadas na páxina web www.bus.gal.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas