Home A Coruña A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da...

A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da autovía AG-64 en Narón, e na Estrada OU-209, en Leiro

- Anuncio -

― Continuarán as actuacións en execución desde a pasada semana na AG-64 en San Sadurniño; e na estrada LU-160, en Mondoñedo e Alfoz


― Na provincia de Ourense tamén seguirán as tarefas de acondicionamento de marxes na estrada autonómica OU-801, que conecta Padrenda e Ribadavia


― Proseguirán as intervencións en execución na provincia de Pontevedra nas marxes da autovía AG-51, en Salvaterra de Miño; na VG-4.6, que une Cangas e Bueu; e na vía de altas prestacións do Morrazo (CG-4.1.), Moaña-Cangas


― Todas estes traballos inclúense no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa nas marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3M€ para os vindeiros dous anos

A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da autovía Ferrol-Vilalba, a AG-64, ao paso por Narón, e na estrada OU-209, no concello de Leiro.

Tamén continuarán os traballos de roza e limpeza que se veñen realizando desde a pasada semana na AG-64 en San Sadurniño; e na estrada LU-160, en Mondoñedo e Alfoz.

Na provincia de Ourense, ademais de iniciarse as limpezas na OU-209 en Leiro, proseguirán os traballos que se están a acometer na estrada autonómica OU-801, que comunica os concellos de Padrenda e de Ribadavia.

Na provincia de Pontevedra seguirase coas intervencións en execución nas marxes da autovía AG-51, no concello de Salvaterra de Miño; na VG-4.6, que comunica os municipios de Cangas e de Bueu; e na vía de altas prestacións do Morrazo (CG-4.1.), Moaña-Cangas.

Seguridade viaria
Estas tarefas forman parte do novo contrato da Xunta coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas e mellora da seguridade viaria, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous vindeiros anos.

Os obxectivos dos traballos son o roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como o acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas, ou a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

O Goberno galego, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas