Home A Coruña O Partido Popular de Arzúa denuncia a contratación da voceira do BNG...

O Partido Popular de Arzúa denuncia a contratación da voceira do BNG en Oroso como como secretaria do alcalde de Arzúa, do BNG, Xoán Xesús Carril, sen unha xustificación profesional nin de vinculación algunha a Arzúa, e que exercerá de cuarta concelleira nacionalista no tripartito BNG-AxA-PSOE

- Anuncio -

A candidata do BNG á alcaldía do concello de Oroso nos pasados comicios do 28 de maio, Isabel Fernández Gallego, ocupará a praza de persoal de confianza do novo goberno tripartito de Arzúa.

A nova secretaria do alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, leva xa días ocupando o posto de traballo que nos últimos 20 anos estivo desempeñado pola persoa de confianza do ex-rexedor, José Luis García. Trátase dunha persoa de claro perfil político, que forma parte do núcleo duro do BNG, foi concelleira dos nacionalistas en Oroso nesta última lexislatura e exerceu de tenente de alcalde con dedicación pola que percibía uns 25.658 €. No ano 2015 foi nas listas do BNG de Oroso, encabezada daquela por Xosé Manuel Pérez Penas, alcalde de Melide dende 2019. Nas pasadas eleccións locais do 28 de maio, foi a candidata á alcaldía.

A súa contratación responde, claramente, a unha nova manobra do BNG de Arzúa que, lonxe de cubrir a praza cunha traballadora cun perfil profesional acorde ás funcións que se sinalan en dita praza (comunicación e protocolo, fundamentalmente), dado que non ten estudos nin experiencia relacionados co seu posto e a súa labor será a dunha cuarta concelleira dos nacionalistas, esa cuarta acta que o BNG non logrou nas urnas.

Para o Partido Popular de Arzúa este é un exemplo máis do despropósito do novo goberno tripartito que BNG, Alternativa por Arzúa e PsdG-PSOE formaron en Arzúa. “Seremos os veciños e veciñas de Arzúa quen pagaremos o salario desta nova traballadora, 31.552 euros anuais, para unha persoa que nin é veciña nin ten experiencia profesional, e cun descoñecemento absoluto da situación actual do noso concello pero para a que o BNG tivo que buscar acomodo trala súa saída do Concello de Oroso, onde actualmente goberna o Partido Popular en maioría”, sinala Rafael Rivadulla, voceiro do PP de Arzúa.  

Esta nova fichaxe na secretaría da alcaldía confirma, definitivamente, o cinismo e a hipocrisía do exalcalde de Arzúa, José Luis García. Non só condena a Arzúa a pagar nos vindeiros catro anos o goberno máis caro da súa historia, do que el cobrará 40.200 euros anuais, senón que entregou sen remordemento o posto de traballo da súa persoa de confianza dos últimos doce anos ao BNG, a pesar de ter dito en numerosas ocasións que o pacto de goberno do tripartito non sería posible sen a conservación do posto de traballo da súa secretaria.      

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas