Home O Ribeiro A Arnoia A Deputación aposta polos “produtos senlleiros da nosa terra” co apoio á...

A Deputación aposta polos “produtos senlleiros da nosa terra” co apoio á XLIV Festa do Pemento de Arnoia

- Anuncio -

Os días 4, 5 e 6 de agosto o concello converterase en todo un punto de referencia gastronómico coa degustación de 3.000 quilos deste produto nas nas máis diversas preparacións

Os días 4, 5 e 6 de agosto o concello de Arnoia converterase en todo un punto de referencia gastronómico na provincia coa celebración da XLIV Festa do Pemento, na que se prepararán 3.000 quilos deste produto, amparado baixo unha Indicación Xeográfica Protexida, para a súa degustación nas máis diversas preparacións.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, e o alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, presentaron esta mañá no Pazo Provincial os detalles dunha festa en cuxa programación no faltará a animación musical a cargo de charangas e orquestras, actividades para a cativada, a sétima edición do Festival de Pandereteiras ou a concentración de vehículos clásicos con preto dun cento de participantes.

César Fernández destacou o apoio da Deputación de Ourense “a unha das festas gastronómicas máis importantes do verán na provincia e toda unha referencia na comarca do Ribeiro”, sinalando que esta colaboración enmárcase “na aposta da institución provincial polos produtos senlleiros da nosa terra”.

Rodrigo Aparicio puxo en valor o esforzo que realiza o Concello para organizar estes tres días de festa, onde xunto ao apoio de institucións públicas como a Deputación de Ourense destaca “a gran colaboración veciñal, con case 200 persoas traballando”.

O alcalde de Arnoia sinalou que a cita gastronómica seguirá o formato habitual destes últimos anos, coa inauguración da festa o venres, día 4, ás 21.00 horas, o pregón a cargo do actor galego Víctor Fábregas, e as degustacións de pementos en diversas preparacións, tanto fritidos como en tortilla, recheos, en croquetas ou mesmo como xeado.

Relacionadas

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo do 25N...

0
● A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción, os populares ourensáns “queremos poñernos do lado das mulleres vítimas de violencia,...

A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional...

0
O postos de venda ambulante instalaranse no entorno da Praza de Abastos - rúas Tras Alameda, e baixada da Praza a carón do Rianxo...

A Deputación aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

0
Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Pac mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da...

A Xunta pon de relevo nos XIII Premios de AJE Ourense a estratexia de...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a directora-xerente de...

A Xunta impulsa medidas pioneras para a retencion e a atracción de talento para...

0
— José González destaca a fortaleza, a perseveranza e o compromiso desta entidade ao longo do seu case medio século de traxectoria, poñéndoa en...

Publicacións Relacionadas