Home Ourense A Limia A XIII Festa Popular de Baltar mestura a tradición e a cultura...

A XIII Festa Popular de Baltar mestura a tradición e a cultura da raia co medio ambiente, a gastronomía, a vida saudable e o deporte

- Anuncio -

O Concello de Baltar, en colaboración coa Deputación de Ourense, celebra o próximo sábado, 5 de agosto, a XIII Festa Popular na que se mestura a tradición e a cultura da raia con actividades destinadas a fomentar a conservación do medio ambiente, a degustación de produtos locais, iniciativas para unha vida saudable e o deporte.

A cita festiva presentouse esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; o alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo; e as representantes da organización, Laura López e María Gema Rodríguez.

O programa, que se desenvolverá en horario de tarde, pretende entre os seus obxectivos lembrar que non hai fronteiras, de tal xeito que os asistentes poderán asistir a unha exhibición de folclore portugués. Ademais dunha ampla oferta de xogos populares, no apartado gastronómico haberá unha degustación de produtos da terra, acompañados de porco ó espeto.

Na presente edición tamén se inclúe unha exposición do concurso medioambiental “Stop incendios”, no que participaron un cento de rapaces de entre tres e doce anos con debuxos relativos aos lumes forestais. E para o fomento de hábitos de vida saudables, a organización premiará a todas aquelas persoas que, de xeito voluntario, fagan un control de alcoholemia e dean negativo.

O deporte estará representado polo Campionato Galego de Parapente, proba que se celebra con carácter previo á competición nacional que tamén terá lugar na Serra do Larouco.

Relacionadas

Adrián Vázquez pon en valor o traballo desenvolvido polo do PP en Europa para...

0
·        O candidato lembrou a enorme importancia desta actividade en territorio galego, “que se reflicte no feito de que o 39,9% dos viticultores de España...

As Festas da Milagrosa requirirán realizar cortes de tráfico en 3 rúas do barrio...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo de tráfico das festas do barrio da Milagrosa. A celebración dos festexos requirirá pechar...

O concelleiro de Urbanismo asistiu ao almorzo informativo sobre as ECCOM organizado pola Asociación...

0
Ourense é xunto a Ferrol, pioneira en traballar para a incorporación desta ferramenta O concelleiro de Urbanismo do Concello de Ourense, Francisco Lorenzo López participou...

A Xunta de Goberno Local concede 6 licenzas urbanísticas na súa sesión desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 30 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de...

O Concello participou na asemblea anual e reunión técnica da Redes de Cidades AVE...

0
A entidade agrupa 34 destinos turísticos que contan con parada de AVE e desenvolve iniciativas para aproveitar o potencial desta infraestrutura A concelleira de Turismo...

A primeira iniciativa do “termalismo inclusivo” da Deputación de Ourense comprometeuse con persoas con...

0
O equipo de goberno da Deputación de Ourense quixo que o primeiro colectivo que tivese acceso ao termalismo inclusivo fosen as persoas con enfermidades...

Publicacións Relacionadas