Home Ourense Allariz-Maceda Maceda e Viana do Bolo serán mañá museos vivos da cultura e...

Maceda e Viana do Bolo serán mañá museos vivos da cultura e as tradicións do mundo coas XXXVIIII Xornadas de Folclore

- Anuncio -

Un acto ecuménico na parroquia de Pío X en homenaxe ao falecido George Ofilant, no que estivo presente a ampla familia das Xornadas, marcou hoxe o inicio da xornada. O programa proseguirá pola noite en Trives e Allariz, onde as agrupacións folclóricas amosarán con música e baile parte da historia do mundo

Un emotivo e sinxelo acto ecuménico na parroquia de Pío X en lembranza de George Orfilant, director da agrupación Sudafricana falecido en Ourense, foi o inicio inusual deste quinto día das Xornadas, no que estiveron presentes todos os participantes nas mesmas. Á noite, o folclore dos seis países deslumbrará de novo ao público que acuda a disfrutar do espectáculo en Trives e Allariz, a partir das 22,30 horas.

Mañá, 12 de agosto: Maceda e Viana do Bolo

A provincia segue acollendo con cheos de público as actuacións destas XXXVIII Xornadas de Folclore de Ourense, organizadas pola Deputación de Ourense a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo. Mañá, as agrupacións viaxaran ata Maceda e Viana do Bolo.

Ecuador, Sudáfrica e Arxentina despregarán a historia que se conta con música e danza en Maceda. O grupo Folklórico Tungurahua (Ecuador), chamado como “Danza que estremece o ceo” e fundado por Carlos Quinde, cumpre 53 anos de traxectoria e ten acollido neste tempo cerca dun millar de integrantes. Tungurahua amosa a cultura e a tradición do home e a muller tungurahuense e ambateña.
Os sudafricanos de Amezebra, segundos en subir ao escenario, son membros dunha organización nacional, a Asociación Sudafricana de Festas Tradicionais e a súa agrupación naceu nunha data simbólica: 1994, ano en que Nelson Mandela foi nomeado presidente do país. Composto por máis de trinta artistas, Amezebra ofrece oportunidades aos mozos que buscan artes creativas.
Dende Arxentina chega o Ballet Folklórico Latinoamericano “Santiago del Estero”, Bafolse, que subirá o último ao escenario de Maceda. O obxetivo que persigue dende a súa fundación no ano 1987 é difundir as expresións populares danzantes de Latinoamérica, coas bases de formación disciplinar, produción artística e proxección á comunidade. A cita será mañá, día 12 de agosto, ás 22,30 horas, na Praza das Toldas de Maceda.

As agrupacións procedentes de Bolivia, Tahití e Ucraína invadirán de cor e forza Viana do Bolo, amosando lendas e tradicións dos seus países que se transmitiron xeración tras xeración mediante a danza e a música. Será ás 22,30 horas, na Explanada do Pavillón, en Viana do Bolo.

Relacionadas

A Deputación felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera...

0
Titulado “Ourense, tempo de soños”, este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza...

Pazolandia abrirá as súas portas o 26 de decembro con importantes novidades como pista...

0
O parque de atraccións máis importante de Galicia, con máis de 8.000 metros cadrados de actividades, estará aberto ata o 4 de xaneiro, en...

As dependencias administrativas do Concello estarán pechadas os días 24 e 31 e o...

0
As dependencias administrativas do Concello de Ourense estarán pechadas o martes, 24, e o martes, 31 de decembro, en virtude do disposto no acordo...

Luis Menor destaca a Pilar Cernuda, Premio Carlos Casares de Xornalismo 2024, como “parte...

0
O presidente provincial enxalzou no Casino Antelano á gañadora deste galardón como unha das xornalistas pioneiras da democracia, vivindo en primeira persoa os feitos...

A Deputación axudará aos concellos na elaboración dun censo de instalacións con amianto e...

0
A institución provincial asumirá ao 100% o custe das actuacións, que inclúen, ademais do citado censo, unha proposta de calendario e planificación para a...

O Concello de Ourense presenta o conxunto de actuacións executadas para a mellora da...

0
A presentación terá lugar esta tarde, ás 18.00 h, na Avda. Otero Pedrayo Esta tarde, ás 18.00 h, na Avda. Otero Pedrayo, terá lugar a...

Publicacións Relacionadas