Home Deputacións Deputación Ourense Ribadavia acollerá mañá a gala de clausura das XXXVIII Xornadas de Folclore...

Ribadavia acollerá mañá a gala de clausura das XXXVIII Xornadas de Folclore coa actuación das seis agrupacións participantes

- Anuncio -

Esta noite, a cidade de Ourense poderá disfrutar do penúltimo espectáculo das Xornadas de Folclore cun desfile que terá o punto de partida no Parque de San Lázaro e rematará na Praza Maior cun colorido espectáculo

As XXXVIII Xornadas de Folclore entran esta noite na súa recta final coa actuación das seis agrupacións folclóricas na Praza Maior da cidade. Previamente, os 180 compoñentes dos grupos dos catro continentes, participantes nesta edición de 2023, realizarán un colorido desfile pola rúa do Paseo, partindo do Parque de San Lázaro. A cita co folclore do mundo comezará ás 22, 30 horas.

O grupo Bafopaz de Bolivia encabezará o desfile desta noite, seguido do grupo tahitiano Hei Show Tahití “Ori”, dos ecuatorianos de Tungurahua, os arxentinos de Bafolse e os sudafricanos de Amezebra. Os compoñentes do grupo ucraíno Poltava serán os responsables de pechar este colorido percorrido pola rúa do Paseo como preámbulo das actuacións na Praza Maior de Ourense.

A partir das 23,00 horas, as agrupacións folclóricas participantes amosarán ao público presente as danzas e a música tradicionais que representan aos seis países que participan nesta XXXVIII edición das Xornadas de Folclore, organizadas pola Deputación de Ourense a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

A orde de intervención neste penúltimo espectáculo será: Bolivia, Tahití, Ecuador, Ucraína, Arxentina, Bolivia, Sudáfrica e Ucraína. Mais dunha hora de actuacións no que o público poderá disfrutar do traballo de recuperación e transmisión do folclore, desenvolvido polas seis agrupacións.

Mañá, 16 de agosto: Ribadavia

O Auditorio do emblemático Castelo de Ribadavia acollerá mañá o último espectáculo destas XXXVIII Xornadas de Folclore coa actuación, nun pase único, das seis agrupacións folclóricas participantes nesta edición de 2023. Será ás 23. 00 horas.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas