Home O Ribeiro Castrelo de Miño Máis de 30 regatistas de toda Galicia competirán na Copa Deputación de...

Máis de 30 regatistas de toda Galicia competirán na Copa Deputación de Windsurf que terá lugar esta fin de semana en Castrelo de Miño

- Anuncio -

Os deportistas participantes, dun total de 7 clubs galegos, disputarán probas durante os días 19 e 20 de agosto nas modalidades de “Formula Foil”, “Raceboard”, “Techno 293” e “Escuela”

O evento deportivo foi presentado na Deputación e contou coa presenza do deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; a presidenta do C.N. Castrelo de Miño, Beatriz Alberte; e o secretario da clase windsurf en Galicia e técnico do C.N. Castrelo de Miño, Simón Fernández

O Club Náutico de Castrelo de Miño acollerá esta fin de semana a Copa Deputación de Windsurf, onde competirán máis de 30 regatistas pertencentes a 7 clubs de toda Galicia. As modalidades deportivas nas que disputarán as diferentes probas serán as de “Formula foil”, “Raceboard”, “Techno 293” e “Escuela”.

Por primeira vez disputarase o Campionato Galego de Formula Foil en Castrelo de Miño, coa participación de 11 deportistas entre os que destacan Juan Vieito, Nacho Fernández e Lucas Maceiras do RCN Rodeira de Cangas; e o de Castrelo de Miño, Nicolás Blanco, sen esquecer aos máis veteranos, Juan Parada ou Fran Robleda. En categoría feminina destaca a regatista do C.N. Castrelo de Miño, Enar Cibreiro.

En Raceboard o nivel tamén será alto ao contar coa presenza do subcampión mundial 2023, Jorge Maciel, do CV Praia de Oza. E en Techno 293 estarán os mellores da canteira galega e nacional como Lidia Pousa, do CN de Cangas, que vén de participar no Campionato do Mundo sub-15.

As probas disputaranse o venres 18 de agosto a partir das 18.30 horas e o sábado, día 19 de agosto, a partir das 13.00 horas. se o vento acompaña. A entrega de premios está prevista para o sábado ás 21.00 horas.

O evento deportivo foi presentado na sala de prensa da Deputación e contou coa presenza do deputado provincial delegado de Representación Institucional, Rosendo Fernández; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; a presidenta do C.N. Castrelo de Miño, Beatriz Alberte; e o secretario da clase windsurf en Galicia e técnico do C.N. Castrelo de Miño, Simón Fernández.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas