Free Porn
xbporn
Home Ourense A Limia Alimagro volverá a ser o escaparate do sector agrario en Xinzo de...

Alimagro volverá a ser o escaparate do sector agrario en Xinzo de Limia

- Anuncio -

A IV edición deste evento amosará, do 1 ao 3 de setembro, as novidades sobre o cultivo da pataca e da maquinaria agrícola reforzando “o papel de Xinzo e da comarca, como unha das principais zonas de referencia do sector primario na provincia de Ourense e en Galicia, tanto polo tecido produtivo como polo seu impacto económico”, destacou o presidente do Inorde

A principal novidade deste ano é a xornada técnica da pataca dirixida a profesionais que está organizada polo medio de comunicación Campo xunto co Concello de Xinzo

A IV edición de Alimagro volverá a ser o escaparate do sector agrario en Xinzo de Limia, do 1 ao 3 de setembro, amosando as novidades sobre o cultivo da pataca e da maquinaria agrícola. A presentación deste evento tivo lugar hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial, acto no que participou o presidente do Inorde e deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz; e o director do medio de comunicación Campo, Máximo Gómez.

Esta feira, organizada polo Concello de Xinzo de Limia coa colaboración da Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida da Pataca de Galicia, o Inorde, AGACAL e Coren, reforzará “o papel de Xinzo e da comarca, como unha das principais zonas de referencia do sector primario na provincia de Ourense e en Galicia, tanto polo tecido produtivo como polo seu impacto económico”, destacou o presidente do Inorde.

O traballo conxunto entre institucións públicas e privadas “fan posible desenvolver proxectos como Alimagro que este ano chega a súa cuarta edición sendo un espazo fundamental para promocionar a calidade dun dos principais produtos cabeceira da nosa enogastronomía”, salientou Rosendo Fernández. O obxectivo desta feira, ademais de servir de escaparate para todo o sector da pataca de España e Portugal, é reforzar o vínculo entre produtores de semente, cultivadores e operadores de toda a Península.

Neste sentido, Rosendo Fernández lembrou o compromiso da Deputación de Ourense a prol do sector primario que se materializa diariamente co apoio e asesoramento aos agricultores da provincia a través do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro que, un ano máis, estará co seu propio stand na feira.

A feira, que ten vocación de converterse nun referente nacional, divídese en dous espazos: no pavillón de deportes estará a sede da feira da pataca, e no parque do Toural en Xinzo estarán expostas as novidades da maquinaria. Unha das novidades deste ano, será a celebración dunha xornada técnica da pataca dirixida a profesionais, que terá lugar o venres, 1 de setembro. A iniciativa, organizada por Campo xunto co Concello de Xinzo, analizará o sector da pataca desde un punto de vista agronómico, afondando en cuestións como a importancia da dixitalización e a aposta pola tecnoloxía na rendibilidade das explotacións, ademais de destacar a importancia do cultivo da pataca para a economía e a sociedade.

Ademais, co obxectivo de reforzar os vínculos comerciais e humanos, a feira contará cun acto de irmandade de localidades hispanolusas nas que a pataca ten unha relevancia especial que amosará a necesidade da unión do sector agrario para facer fronte aos desafíos comúns do mesmo. Dito acto terá lugar o vindeiro xoves, 31 de agosto, a partir das 21.00 horas, na Casa do Concello de Xinzo.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

Luisa Sánchez reúnese coas xogadoras do Mosteiro Bembrive FS, que duplica este ano a...

0
Esta liña de subvencións, que se outorgaron por concorrencia competitiva, está dotada con 900.000 euros, 50.000 euros máis que o pasado ano Ao abeiro deste...

Luis Álvarez Pousa, Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo

0
No seu fallo, o xurado destaca a súa longa e intensa traxectoria profesional, aínda en activo, “como formador das primeiras promocións de xornalistas galegos,...

A Deputación leva esta fin de semana o programa +Bosques ata o pazo de...

0
A iniciativa, que remata este mes, promove o contacto directo coa natureza e ten xa todas as prazas cubertas A Deputación de Pontevedra leva esta...

A vicepresidenta Luisa Sánchez destaca a importancia da plena inclusión na presentación da regata...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá en Vigo no acto de presentación da terceira edición da regata inclusiva “Vigo...

A Deputación organiza esta fin de semana oito novas saídas ao abeiro do +Convivencia...

0
Os participantes, de entidades de seis concellos da provincia, visitarán lugares como Tui, San Simón, O Grove, Cambados, Combarro, ou, entre outros, A Guarda Máis...

Publicacións Relacionadas