Home A Coruña Os mozos do campo de voluntariado de Vilasantar e Boimorto acondicionan rutas...

Os mozos do campo de voluntariado de Vilasantar e Boimorto acondicionan rutas de sendeirismo e dinamizan a oferta cultural da zona

- Anuncio -

Os participantes do campo de voluntariado de Vilasantar traballaron no acondicionamento dunha zona recreativa infantil, creando xogos, construíndo bancos e unha ponte colgante

O Festival de la Luz contou coa colaboración dos mozos que participan no campo de voluntariado de Boimorto

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe o campo de voluntariado O Batán de Mezonzo que ten lugar no concello de Vilasantar, onde os mozos e mozas participantes axudan na mellora, consolidación e visibilización da ruta dos Muíños do Río das Gándaras e da ruta espiritual de San Pedro de Mezonzo.
Os 13 participantes proveñen de diferentes Comunidades Autónomas de España -entre os que hai cinco galegos- e teñen idades comprendidas entre os 18 e 30 anos. Neste campo puxeron en marcha un roteiro teatralizado cos 22 muíños destas rutas como fío condutor; e traballaron no acondicionamento dunha zona recreativa infantil, creando xogos, construíndo bancos e unha ponte colgante.
A directora xeral tamén visitou o veciño campo de voluntariado de Boimorto, no que os participantes colaboran na organización do Festival de la Luz, que se celebra esta fin de semana na mesma localidade, un evento musical consolidado que dinamiza a oferta cultural da zona.
Entre os 15 mozos e mozas participantes hai cinco que proceden do estranxeiro, entre os figuran países de orixe como Xapón, México, Francia e Italia. Neste campo, ademais de axudar na organización do evento, realizan numerosas visitas a lugares de interese da comarca, como a praia fluvial de Ponte do Castro ou a ruta dos Megalitos de Toques e Montes do Bocelo.
A campaña de verán deste ano 2023 é a máis ampla da historia, con máis de 11.200 prazas en distintas actividades, pero tamén e a máis variada e accesible. Nela ofrécense actividades para todas as idades e gustos como campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos ou intercambios con outras Comunidades. O obxectivo é que a mocidade pase uns días de aprendizaxe e diversión e que os pais conten cun servizo de conciliación para esta época estival.

Relacionadas

O bravú celebra os seus 30 anos mañá no Colón cun documental e un...

0
O Goberno de Inés Rey promove este evento no que se proxectará un documental e haberá unha actuación de Orquestra Bravú Xangai con moitas...

Unhas 900 persoas acudirán mañá á “XXXV Gala do Deporte de Narón” no Pazo...

0
O Pazo da Cultura de Narón acollerá mañá unha nova edición, a trixésimo quinta, da “Gala do Deporte de Narón”. A alcaldesa, Marián Ferreiro,...

O próximo luns ábrese o prazo de inscrición nesta iniciativa, froito da colaboración entre...

0
A Asociación micolóxica Viriato organiza a próxima semana, coa colaboración do Concello, as “IV Xornadas micolóxicas de Neda”. Trátase dunha actividade gratuíta de iniciación...

Neda desenvolverá a vindeira semana unha nova edición das súas Xornadas micolóxicas

0
O próximo luns ábrese o prazo de inscrición nesta iniciativa, froito da colaboración entre a Asociación Viriato e o Concello A Asociación micolóxica Viriato organiza...

Cariño conmemorará o 25N coa lectura dun manifesto, unha marcha e un taller formativo...

0
• O Concello participa este ano nunha campaña conxunta con Mañón, Cerdido e Ortigueira. O Concello de Cariño conmemorará o 25N, Día Internacional para a...

Veciñanza da Pobra elabora xabóns ao abeiro dos obradoiros de artesanía Feito coas túas...

0
O obradoiro de confección de xabóns impartido por Flow de Meiga marca o final do programa Feito coas túas mans, impulsado pola Concellaría da...

Publicacións Relacionadas