Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor e Gabriel Alén manteñen o primeiro encontro institucional para afianzar...

Luis Menor e Gabriel Alén manteñen o primeiro encontro institucional para afianzar as bases da cooperación entre a Deputación e a Xunta

- Anuncio -

Luis Menor recibiu no Pazo Provincial ao delegado territorial do Executivo galego en Ourense, Gabriel Alén, coa fin de manter e reforzar a estreita colaboración entre ambas administracións, clave para o desenvolvemento da provincia

“O diálogo e o excelente entendemento e sintonía entre Deputación e Xunta de Galicia son e serán os alicerces sobre os que seguiremos a construir unha cooperación leal, reforzada e baseada en dar as mellores respostas ás necesidades dos veciños de toda a provincia de Ourense”, sinalou o presidente provincial

O Pazo Provincial albergou esta mañá a primeira visita institucional do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, ao presidente da Deputación, Luis Menor. Ambos trasladaron a súa vontade de manter e reforzar a estreita colaboración existente entre ambas administracións, algo que é clave para o desenvolvemento da provincia.

“O diálogo e o excelente entendemento e sintonía entre Deputación Provincial e Xunta de Galicia son e serán os alicerces sobre os que seguiremos a construir unha cooperación leal, reforzada e baseada en dar as mellores respostas ás necesidades dos veciños de toda a provincia de Ourense”, sinalou o presidente provincial, Luis Menor, quen agradeceu a boa e proactiva disposición do Goberno galego en atender todas as demandas que son trasladadas desde a Deputación Provincial.

O presidente da Deputación de Ourense e o delegado territorial da Xunta de Galicia analizaron durante o seu encontro de traballo as principais demandas do ente supramunicipal en relación á Administración Autonómica e fixeron un minucioso repaso aos proxectos e necesidades que teñen na cooperación entre ambas institucións as súas respostas fundamentais.

Relacionadas

A Deputación organiza este sábado na Lama e Oia dous novos concertos do ciclo...

0
Dania Diva (na Lama) e o dúo formado por Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro (en Oia) ofrecerán dúas actuacións como parte do programa...

A Deputación pon a disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia...

0
Como novidade, os concellos poderán financiar investimentos de carácter plurianual, para seguir tendendo pontes de colaboración cos concellos e facilitar a execución de investimentos...

Luis López expresa os desexos da provincia para un “2025 extraordinario” cun vídeo no...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, expresa os desexos da provincia para o novo ano nun vídeo no que escribe a carta...

A Deputación leva o programa +Escénicas de novo a Forcarei coa función “Palabras” de...

0
A peza, para público familiar, poderá verse no auditorio de Soutelo de Montes o próximo sábado 4 de xaneiro ás 19:30 horas +Escénicas trátase dun...

A Deputación leva o programa +Escénicas de novo a Arbo co espectáculo de maxia...

0
A peza, para público familiar, poderá verse no auditorio municipal o próximo sábado 4 de xaneiro ás 18:00 horas +Escénicas trátase dun novo programa da...

A Deputación de Ourense trae a esencia de Cuba para colgar nas súas paredes

0
Ariansis Reyes e Frank González chegan coas súas pinturas e as cores do Caribe á institución provincial O presidente provincial, Luis Menor, visitou acompañado dos...

Publicacións Relacionadas