Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación e o concello de Ribadumia avanzan na urbanización da rúa...

A Deputación e o concello de Ribadumia avanzan na urbanización da rúa Condesa de Barranes cun orzamento de 700.000 euros

- Anuncio -

Está xa asinado o convenio polo que a institución provincial achega o 70% do orzamento da actuación, preto de 500.000 euros, e o concello o 30% restante

A Deputación de Pontevedra acaba de asinar o convenio de colaboración co Concello de Ribadumia para levar a cabo o proxecto de urbanización da rúa Condesa e crear áreas de estacionamento en Barrantes, concretamente na EP-9506 entre a localidade e Vilariño. Así o informou en rolda de prensa o presidente da Deputación, Luis López, que lembrou que o convenio para acometer esta actuación “foi aprobado no mes de agosto” e coa súa sinatura “avanzamos neste importante proxecto de urbanización que vai transformar o núcleo urbano desta vila do Salnés”.

A obra ten un orzamento de 704.483 euros, dos que a Deputación achega o 70%, é dicir, preto de 500.000 euros, e o Concello de Ribadumia o 30% restante. A actuación abrangue un tramo duns 300 metros no treito inicial da estrada provincial, en pleno centro urbano de Barrantes, que permitirá mellorar a seguridade e a mobilidade. “É un punto no que conflúe moita xente –explicou Luis López- pois nel localízanse o colexio, o campo de fútbol e o pavillón”.

A reforma deste tramo de estrada provincial entre Barrantes e Vilariño consistirá na modificación do trazado da rúa e na instalación de beirarrúas máis amplas de formigón coloreado. Tamén se crearán  zonas de estacionamento para dar servizo a autobuses escolares que acceden ás instalacións deportivas da contorna; construirán pasos de peóns sobreelevados, e instalarán redes de telecomunicacións e drenaxe. Por último, o proxecto contempla a execución de zonas axardinadas, a instalación de mobiliario urbano e a execución da sinalización horizontal e vertical deste treito.

Relacionadas

O programa de fomento deportivo da Deputación promoveu unha vida saudable entre 2.400 participantes...

0
Cunha dotación de 60.000 euros, esta iniciativa incluíu ata 18 disciplinas para promover o deporte familiar A gran implicación da comunidade e a ampla franxa...

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

Publicacións Relacionadas