Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación destina 280.000 euros para o fomento da empregabilidade nos concellos...

A Deputación destina 280.000 euros para o fomento da empregabilidade nos concellos de Rodeiro e Vilanova de Arousa

- Anuncio -

Estes novos recursos permitirán contratar de maneira temporal a un total de 22 persoas para cubrir diferentes necesidades de ámbalas dúas administracións locais

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou novos recursos para a activación do emprego na provincia, concretamente nos concellos de Rodeiro e Vilanova de Arousa, aos que destinará preto de 280.000 euros para a contratación dun total de 22 persoas. “O emprego é un dos nosos obxectivos prioritarios, e queremos que a cidadanía da provincia, viva onde viva, teña oportunidades”, asegurou o presidente da Deputación, Luis López.

Desta maneira, o Concello de Rodeiro recibe algo máis de 120.000 euros para poder proceder á contratación temporal dun total de 12 persoas para desempeñar diferentes postos, como educadores sociais, peóns de obras públicas, traballadores sociais, técnicos de educación infantil, etc., que terán contratos cunha duración de entre 6 e 11 meses.

Por outra banda, no caso do Concello de Vilanova de Arousa, o orzamento destinado é próximo aos 160.000 euros, o que permitirá á corporación municipal formalizar a contratación de 10 persoas entre chofer-tractorista, albaneis, limpadores, mantedores de edificios, fontaneiros e guías de turismo. Mentres que algúns dos contratos serán de seis meses o resto terán unha duración de 10 meses.

Relacionadas

O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito urxente unha...

0
María Jesús Seoane, vicepresidenta de AGAELA e ex-traballadora do Concello de Nigrán , leu a moción ante a ovación dos seus antigos compañeiros e...

Covelo felicita a Leonor polo seu 101 aniversario

0
Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís,...

Marín ruxirá esta fin de semana coa celebración en Briz do Ruxe Marín

0
Axe Bahía Batucada presentaron o evento xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín.  A Asociación Cultural Axé Bahia Batucada presentou xunto coa concelleira de Festas,...

Os xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco volverán estar activos esta fin de...

0
A brigada municipal de Augas está estes días poñendo de novo en funcionamento o sistema, que non supón gasto de auga dado que se...

A Deputación remarca a pegada de “Sempre en Galiza” na cultura galega nas xornadas...

0
Rafa Domínguez recordou que o manuscrito orixinal “dun dos testemuños máis destacables da actividade de Castelao, no que da voz ao momento que vivía...

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos...

0
Durante tres días o público puido visionar os vídeos promocionais da campaña ‘Vivir experiencias, compartir territorio’ e a contraportada do Canzine destacou o proxecto...

Publicacións Relacionadas