Home Ourense Nogueira de Ramuín A Xunta destina case 182.500€ ao Plan de Conciliación e Corresponsabilidade do...

A Xunta destina case 182.500€ ao Plan de Conciliación e Corresponsabilidade do Pereiro de Aguiar no que tamén participan nenas e nenos de Nogueira de Ramuín

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe a Aula Concilia deste concello ourensán, iniciativa que leva funcionando desde 2008 e que está dispoñible tanto durante o curso escolar como nos períodos estivais
― O Goberno galego destina preto de 17 millóns de euros este ano a plans de corresponsabilidade, apostando pola igualdade efectiva e facilitándolles a vida ás familias galegas ao permitirlles unha mellor xestión dos seus tempos
O Pereiro de Aguiar (Ourense), 5 de setembro de 2023.- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe a Aula Concilia do Pereiro de Aguiar, que recibiu unha axuda da Xunta de preto de 182.500 euros para contribuír á conciliación non só das veciñas e veciños deste concello ourensán, senón tamén -desde hai dous anos- da localidade lindeira de Nogueira de Ramuín.
Alí, Elena Rivo cualificou a iniciativa como un “modelo exemplar que leva máis de 15 anos en funcionamento, axudando a conciliar da mañá á noite”. No caso concreto do Pereiro de Aguiar, a Aula Concilia está dispoñible nun espazo habilitado do CEIP Ben-Cho-Shey, acollendo 150 nenas e nenos durante todo o ano. A conselleira resaltou esta forma “de axudar a todas as familias a conciliar a vida familiar, de traballo e de ocio”, moi importante durante o curso escolar pero tamén -salientou- nos períodos estivais.
Por iso, este ano a Xunta mobiliza preto de 17 millóns de euros en apoios á conciliación e ao fomento desa corresponsabilidade, no marco dunha visión integral das políticas públicas en materia de igualdade, que opta por transversalizar numerosas actuacións para que cheguen de xeito efectivo á sociedade. O obxectivo é que prenda a idea de que a conciliación e a corresponsabilidade é unha cuestión que debe involucrar a toda a cidadanía, co apoio das Administracións.

Relacionadas

Belén do Campo asiste ao ingreso de Rosa Cedrón na Real Academia de Belas...

0
Rosa Cedrón, nacida en Monforte de Lemos, é unha das artistas máis versátiles e influentes da música galega contemporánea A delegada da Xunta, Belén do...

A Xunta pon en valor o evento ‘Da Néboa Experience’ para impulsar a visibilidade...

0
A xerente da Fundación Artesanía Galicia, Elena Fabeiro, asistiu á inauguración deste mercado de Nadal que se celebra ata mañá domingo na Coruña e...

A Xunta adxudica por 2,5 millóns de euros a execución das obras da plataforma...

0
Esta intervención singular, que a Xunta executa en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, permitirá habilitar unha zona de baño segura neste emblemático espazo...

A Deputación felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera...

0
Titulado “Ourense, tempo de soños”, este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza...

Pazolandia abrirá as súas portas o 26 de decembro con importantes novidades como pista...

0
O parque de atraccións máis importante de Galicia, con máis de 8.000 metros cadrados de actividades, estará aberto ata o 4 de xaneiro, en...

As dependencias administrativas do Concello estarán pechadas os días 24 e 31 e o...

0
As dependencias administrativas do Concello de Ourense estarán pechadas o martes, 24, e o martes, 31 de decembro, en virtude do disposto no acordo...

Publicacións Relacionadas