Home O Ribeiro Castrelo de Miño Castrelo de Miño acollerá o Trofeo Deputación de Ourense da Clase Optimist...

Castrelo de Miño acollerá o Trofeo Deputación de Ourense da Clase Optimist Gran Premio Aceites Abril

- Anuncio -

O vicepresidente do goberno provincial e deputado de Deportes asistiu hoxe á presentación deste evento deportivo náutico que se celebrará do 8 ao 10 de setembro

César Fernández salientou o papel que exercen este tipo de probas deportivas como “ferramentas fundamentais para dinamizar o noso rural”

O vicepresidente segundo da Deputación e deputado provincial de Deportes, César Fernández, participou hoxe, en Castrelo de Miño, na presentación do Trofeo Deputación de Ourense da Clase Optimist Gran Premio Aceites Abril, que se disputará neste municipio do Ribeiro do 8 ao 10 de setembro.

A Semana Abanca 2023 -dividida este ano en catro versións- comezou o pasado fin de semana coa versión Galicia Interior coas competicións de Esquí Náutico na pista do Miño de Cortegada, e cunha de Wakeboard na pista de Fornelos de Montes, en Pontevedra. Tralo éxito acadado en ambos eventos, a Federación Española da especialidade estuda a posibilidade de que a provincia de Ourense acolla no ano 2024 o Campionato de España.

Por elo, César Fernández animou á Federación a escoller a “nosa provincia para celebrar esta gran competición porque reúne as condicións idóneas para acoller eventos deportivos de primeiro nivel, como así se ten demostrado en numerosas ocasións”. Ademais, amosou o compromiso do goberno provincial a prol deste tipo de iniciativas que encaixan na folla de ruta da Deputación de promover un ecosistema deportivo que contribúa a promocionar os recursos naturais, paisaxísticos e patrimoniais da provincia. Salientando que son unha “ferramenta fundamental para dinamizar o noso rural”.

Este evento deportivo, o terceiro e último acto da Versión Galicia Interior da Semana Abanca de 2023, estará dedicado aos deportistas de vela máis mozos: o Optimist. Na liña de saída haberá varios dos principais equipos da zona atlántica, así como de outras zonas de España e do norte de Portugal. Na presentación tamén estiveron o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, quen agradeceu a colaboración da Deputación de Ourense; a presidenta do Club Náutico de Castrelo de Miño, Beatriz Alberte; a presidenta do Club Marítimo de Vigo, Zulema Prado; e a directora de zona de Abanca en Ourense Oeste, Rosana Neira, entre outras autoridades.

No que atinxe ao optimist en Castrelo de Miño, trátase da aposta máis significativa deste ano da Semana Abanca que ao ter rango a nivel técnico de “internacional” será un elemento clave de cara ao seu futuro. Este evento de vela base promove, ademais, o turismo termal familiar, e pretende sentar as bases para lograr que sexa unha proba de referencia para a España do interior.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas