Home Terra de Celanova Celanova Ourense e Celanova acollerán en novembro un Congreso internacional de formación para...

Ourense e Celanova acollerán en novembro un Congreso internacional de formación para o traballo

- Anuncio -

O tenente de alcalde, Armando Ojea, e a concelleira de Dinamización, Tamara Silva participaron na presentación do evento, na Sala Valente

A cidade de Ourense e Celanova serán as sedes do 23 Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de formación para o traballo, que se desenvolverá os días 23, 24 e 25 de novembro. O tenente de alcalde, Armando Ojea, e a concelleira de Dinamización, Tamara Silva, participaron esta mañá na presentación do evento, que tivo lugar na sala municipal José Ángel Valente. O lema é “Mantras para a formación a orientación e o emprego na interseccionalidade social, tecnolóxica e persoal”

O congreso está dirixido a todas as persoas dedicadas á investigación, xestión, innovación e transferencia da educación, á formación, á orientación e ao emprego; profesionais e estudantes, así como calquera persoa interesada na temática.

O evento está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, a Delegación Rexional do Norte do Instituto de Emprego e Formación Profesional de Portugal, e a Universidade do Porto (Centro de Desenvolvimento Vocacional e Aprendizagem ao Longo da Vida), coa colaboración de diferentes institucións e entidades, como o Concello de Ourense, a Deputación Provincial ou a Xunta de Galicia. Precisamente a cidade acollerá as dúas primeiras xornadas, os días 23 e 24, coa inauguración, conferencias, mesas redondas e obradoiros, xunto con visitas a lugares de especial interese.

Relacionadas

Lorenzana reúnese co alcalde de ribadavia para abordar as necesidades de solo industrial do...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde de Ribadavia, César Fernández, con quen abordou as necesidades...

Francisco Millán Mon visita a feira do Carballiño e pide o voto á veciñanza...

0
O candidato do Partido Popular ás Eleccións Europeas, Francisco Millán Mon, percorreu esta mañá a feira do Carballiño, onde puxo en valor o traballo...

Trescentos xadrecistas participarán mañá na Copa Galicia Maristas Ourense – Memorial Emilio Rodríguez

0
O salón de plenos acolleu a presentación do torneo, que organizan os clubs Maristas e Xadrez Ourense coa colaboración do Concello, a Deputación e...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de maio de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de maio, no que se...

Adrián Vázquez pon en valor o traballo desenvolvido polo do PP en Europa para...

0
·        O candidato lembrou a enorme importancia desta actividade en territorio galego, “que se reflicte no feito de que o 39,9% dos viticultores de España...

As Festas da Milagrosa requirirán realizar cortes de tráfico en 3 rúas do barrio...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo de tráfico das festas do barrio da Milagrosa. A celebración dos festexos requirirá pechar...

Publicacións Relacionadas