Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense inviste 200.000 euros para mellorar a seguridade viaria...

A Deputación de Ourense inviste 200.000 euros para mellorar a seguridade viaria na estrada provincial que atravesa Monterrei

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, acompañado polo alcalde, José Luis Suárez e tamén participaron o deputado provincial de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, e o alcalde de Laza, José Ramón Barreal, supervisou esta tarde os traballos que se están a realizar en A Pousa, que van facilitar o desprazamento da veciñanza por unha vía de elevada intensidade de tráfico

José Luis Suárez destacou o esforzo da Deputación para garantir a seguridade en tres dos catro pobos que atravesa a OU-1021: Estevesiños, Vences e A Pousa, quedando para unha nova fase a localidade de Mixós. Catro pobos polos que discorre a Vía da Prata.

O proxecto supón a construción dunha senda peonil na marxe dereita que facilitará o desprazamento de persoas dun xeito cómodo, seguro e accesible, mesmo con pavimento especial para persoas con discapacidade visual

Monterrei, 14 de setembro de 2023.- A Deputación de Ourense vén de investir 200.000 euros nun proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada provincial OU-1021, no concello de Monterrei, para facilitar a movilidade das persoas e mediante un senda peonil na travesía de A Pousa, proxecto que terá a súa continuidade ao paso da estrada pola poboación de Mixós.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, supervisou esta tarde os traballos que se están a realizar en A Pousa, que van garantir unha maior seguridade á veciñanza “nunha vía de elevada intensidade de tráfico pois é utilizada polos habitantes da zona como variante para evitar o paso polo centro de Verín”, sinalou o presidente, que estivo acompañado na visita polo alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e pola directora da área de Infraestruturas, Marta Docampo.

Luis Menor valorou o esforzo orzamentario que este tipo de proxectos supoñen para a Deputación, en tanto “temos que atender ao mantemento, arranxo e acondicionamento de máis de 1.848 quilómetros de vías provinciais”.

José Luis Suárez referendou este esforzo, destacando que o compromiso da Deputación con Monterrei xa permitiu mellorar a seguridade en tres dos catro pobos que atravesa a OU-1021: Estevesiños, Vences e A Pousa, quedando para unha nova fase a localidade de Mixós. Unhas obras moi esperadas pola veciñanza, dixo o alcalde, “pero tamén importante pois por estes catro pobos discorre o tramo Castelo de Monterrei-Laza da Vía da Prata”.

Proxecto ao 80 % da súa execución

Incluído no Plan da rede viaria provincial de 2022 e cun investimento de 200.000 euros por parte da Deputación, os traballos de mellora da seguridade viaria en A Pousa están case ao 80 % da súa execución, logo de catro meses de obras que se prevén rematen no presente mes.

O proxecto supón a construción dunha senda peonil na marxe dereita que facilitará o desprazamento de persoas dun xeito cómodo, seguro e accesible, mesmo con pavimento especial para persoas con discapacidade visual e para unha mellor orientación, na estrada OU-1021, que comunica Verín con Arcucelos.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas