Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación apoia a candidatura da agrupación de concellos de Manzaneda e...

A Deputación apoia a candidatura da agrupación de concellos de Manzaneda e Chandrexa de Queixa como Capitalidade da Montaña Española 2024

- Anuncio -

A proposta quere dar a coñecer os recursos e potencial destes territorios rurais de alta montaña, con especial atención aos espazos naturais protexidos nesta zona do Macizo Central

O presidente da Deputación, Luis Menor, coñeceu os detalles da candidatura na reunión que mantivo cos alcaldes de ambos municipios: Amable Fernández por Manzaneda, e Francisco Rodríguez de Chandrexa de Queixa. Destacou o labor realizado para “definir unha estratexia que sirva de revulsivo para estes municipios e sobre todo abrir unha nova porta ao relanzamento da estación de montaña”

A iniciativa destaca a riqueza natural, paisaxística, ambiental e patrimonial de ambos municipios, a cooperación que manteñen na loita contra o despoboamento no rural e a existencia da única estación de montaña de Galicia, ademais da pertenza ao xeodestino e Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

A Deputación de Ourense prestará o seu apoio institucional á candidatura promovida pola agrupación de concellos de Manzaneda e Chandrexa de Queixa como Capitalidade da Montaña Española 2024, que pretende para dar a coñecer os recursos e potencial destes territorios rurais de alta montaña, con especial atención aos espazos naturais protexidos nesta zona do Macizo Central.

O presidente da Deputación, Luis Menor, coñeceu esta mañá os detalles da candidatura durante a reunión que mantivo no Pazo Provincial cos alcaldes de ambos municipios: Amable Fernández por parte de Manzaneda, e Francisco Rodríguez de Chandrexa de Queixa, acompañados polo deputado de Turismo e presidente do Inorde, Rosendo Fernández. Luis Menor valorou o labor realizado por ambos rexedores para “definir unha estratexia que sirva de revulsivo para estes municipios, e sobre todo abrir unha nova porta ao relanzamento da estación de montaña”.

Con esta proposta, Manzaneda e Chandrexa de Queixa tentan alcanzar por segunda vez a distinción como Capital da Montaña Española, candidatura que quedou como segunda finalista en 2023 no proceso de selección que cada ano promove a Asociación Española de Municipios de Montaña. Co aval da Deputación, a través do Inorde, e da Axencia de Turismo de Galicia, a opción ourensá loitará pola distinción na asemblea xeral de citada asociación, prevista para os días 3 e 4 de outubro.

A agrupación local Manzaneda-Chandrexa de Queixa inclúe seis recursos e potenciais destacados para a súa candidatura, comezando pola gran riqueza natural e ambiental de ambos os dous municipios, onde o 77,62 % do territorio conxunto está incluído na Rede Natura 2000, clasificado como zona de especial protección na área de montaña do Macizo Central.

Destaca tamén o documento a gran riqueza paisaxística e valores ambientais, con zonas pouco coñecidas como o val Glaciar de Prada e das Aguilladas en Manzaneda, e o das Forcadas e Requeixo en Chandrexa. A cultura e o patrimonio histórico e etnográfico son outros factores sobresaíntes: a muralla e a vila medieval de Manzaneda, Ben de Interese Cultural desde 1949, así como vestixios castrexos. Muíños, curros e lagares constitúen os elementos destacados de Chandrexa. Ambos concellos, ademais, subliñan a cooperación que manteñen na loita contra o despoboamento no rural.

Valores da candidatura

A existencia neste territorio da única estación de montaña de Galicia é, sen dúbida, un principais valores da candidatura, destacando a capacidade de aloxamento turístico e de infraestruturas para a organización de eventos de alta calidade, sen esquecer a pertenza ao xeodestino e Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Para Amable Fernández e Francisco Rodríguez, o elemento que diferenza a proposta radica “nun novo modelo de agrupación de servizos e colaboración entre pequenos concellos de montaña”. Así, e xunto con outras actividades que xa se veñen celebrando como congresos e outro tipo de eventos, a candidatura formula outras iniciativas como un taller científico-técnico sobre vales glaciares da península ibérica; unha exposición de gando silvopastoril e dos oficios tradicionais; e xornadas sobre cociña de montaña, fermosismo no Macizo Central para a mellora e integral ambiental de zonas deslabazadas e unha cita coas músicas e bailes tradicionais de montaña.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas